Eticket Dixital: Qué é, e cómo darse de alta

¿Sabías que?

Para producir 1Kg de papel, necesítanse 2,4Kg de madeira, 200 litro de auga e 7kWh de enerxía. Ademáis, emítense 3,3Kg de CO2, Cloro e outros resíduos tóxicos de papel cada ano.

¿Qué é o Eticket Dixital?

É un sistema centralizado de xestión e control de tickets de caixa, que substitúe ao ticket tradicional de papel, ofrecendo as mesmas garantías que este.

¿Cómo funciona?

Tanto os consumidores como os comercios deben estar rexistrados no sistema de Eticket Dixital para poder beneficiarse de tódalas súas vantaxes.

O Cliente acode a un comercio adherido á plataforma. Ao realizar unha compra, facilítalle o seu identificador persoal ao comercio. O ticket de compra quedará asociado ao seu perfil de forma automática. ¡Así de sinxelo!

Dende ese momento, o cliente poderá consultar todos os seus tickets de compra e coñecer, en tempo real, a vixencia dos mesmos, tanto dende a web da plataforma, como a través da APP.

Vantaxes do Eticket Dixital

  • Todos os tickets nun memos lugar, seguro e accesible.
  • Acabáronse os tickets perdidos, rotos ou danados.
  • Actúa como garante entre clientes e comercios.
  • Ofrece seguridade e confianza aos seus clientes.
  • Evita a impresión física do ticket, conseguindo así un aforro en cada ticket emitido.
  • Axuda a preservar o medio ambiente.
  • Aforro para o comercio de ata un 70% en papel.

¿Cómo darse de alta?

Comerciantes

  1. Acceder á web www.eticketdixital.gal.
  2. Pulsar no botón “Rexistro gratuito” que se atopa no menú principal da web, na parte superior.
  3. No apartado mostrado, pulsar o botón “Son comerciante“.
  4. A continuación móstranse os pasos para o proceso de rexistro. Para iniciar o mesmo, facer clic na ligazón que aparece no punto 1, ou ben no botón “Rexistro como comerciante” que aparece ao final da páxina mostrada.
  5. Cubrir o formulario mostrado cos datos requeridos, e pulsar o botón “Rexistro Comerciante” ao final do mismo.
  6. ¡O teu comercio xa estará rexistrado no Eticket Dixital! Podes iniciar sesión na túa conta a través do botón “Iniciar sesión” no menú principal da web.

Consumidores

  1. Acceder á web www.eticketdixital.gal.
  2. Pulsar no botón “Rexistro gratuito” que se atopa no menú principal da web, na parte superior.
  3. No apartado mostrado, pulsar o botón “Son consumidor/a“.
  4. Cubrir o formulario mostrado cos datos requeridos, e pulsar o botón “Rexistro Consumidor” ao final do mesmo.
  5. ¡Xa estarás rexistrado como consumidor no Eticket Dixital! Podes iniciar sesión na túa conta a través do botón “Iniciar sesión” no menú principal da web.

Deixa un comentario