Qué é o COVID-19

¿Qué é un coronavirus?

Os coronavirus son unha extensa familia de virus que poden causar enfermidades tanto en animais como en humans. Nos humans, sábese que varios coronavirus causan infeccións respiratorias que poden ir dende o arrefriado común ata enfermidades máis graves como o síndrome respiratorio de Oriende Medio (MERS) e o síndrome respiratorio agudo severo (SRAS). O coronavirus que descubríuse recentemente causa a enfermidade por coronavirus COVID-19

¿Qué é o COVID-19?

O COVID-19 é a enfermidade infecciosa causada polo coronavirus que se descubriu máis recentemente. Tanto o novo virus como a enfermidade eran descoñecidos antes de que estalara o brote en Wuhan (China) en decembro de 2019.

¿Cáles son os síntomas dp COVID-19?

Os síntomas máis comúns do COVID-19 son febre, cansancio e tos seca. Algúns pacientes poden presentar dores, conxestión nasal, rinorrea, dor de gola ou diarrea. Estos síntomas soen ser leves e aparecen de forma gradual. Algunhas persoas inféctanse pero non padecen ningún síntoma e non se atopan mal. A maioría das persoas (arredor do 80%) recupéranse da enfermidade sen necesidade de levar a cabo ningún tratamento especial. Arredor de 1 de cada 6 persoas que contraen o COVID-19 padece unha enfermidade grave e ten dificultade para respirar. As persoas maiores e as que padecen afeccións medicas subxacentes, como hipertensión arterial, problemas cardíacos ou diabetes, teñen máis probabilidades de padecer unha enfermidade grave. En torno ao 2% das persoas que contraeron a enfermidade faleceron. As persoas que teñan febre, tos e dificultade para respirar deben buscar atención médica.

¿Cómo se propaga o COVID-19?

Unha persoa pode contraer o COVID-19 por contacto con outra que estea infectada polo virus. A enfermidade pode propagarse de persoa a persoa a través das gotículas procedentes do nariz ou a boca que saen despedidas cando unha persoa infectada tose ou exhala. Estas gotículas caen sobre os obxetos e superficies que rodean á persoa, de modo que outras persoas poden contraer o COVID-19 se tocan estos obxetos ou superficies e despois tócanse os ollos, o nariz ou a boca. Tamén poden contaxiarse se inhalan as gotículas que houbese esparcido unha persoa con COVID-19 ao tusir ou exhalar. Por iso é importante manterse a máis de 1 metro de distancia dunha persoa que se atope enferma.

A OMS está estudando as investigacións en curso sobre as formas de propagación do COVID-19 e seguirá informando sobre os resultados actualizados.

¿Pode transmitirse a través do aire o virus causante do COVID-19?

Os estudos realizados ata agora apuntan a que o virus causante do COVID-19 transmítese principalmente por contacto con gotículas respiratorias, máis que polo aire. Véxase a resposta anterior á pregunta «¿Cómo se propaga o COVID-19?»

¿É posible contaxiarse de COVID-19 por contacto con unha persoa que non presente ningún síntoma?

A principal forma de propagación da enfermidade é a través das gotículas respiratorias expelidas por alguen ao tusir. O risco de contraer o COVID-19 de alguén que non presente ningún síntoma é moi baixo. Sen embargo, moitas persoas que contraen o COVID-19 so presentan síntomas leves. Esto é particularmente certo nas primeiras etapas da enfermidade. Polo tanto, é posible contaxiarse de alguén que, por exemplo, soamente teña unha tos leve e non se sinta enfermo. A OMS está estudando as investigacións en curso sobre as formas de propagación do COVID-19 e seguirá informando sobre os resultados actualizados.

¿É posible contaxiarse de COVID-19 por contacto coas feces dunha persoa que padeza a enfermidade?

O risco de contraer o COVID-19 por contacto coas feces dunha persoa infectada parece ser baixo. Aínda que as investigacións iniciais apuntan a que o virus pode estar presente nalgúns casos nas feces, a propagación por esta vía non é un dos trazos característicos do brote. A OMS está estudando as investigacións en curso sobre as formas de propagación do COVID-19 e seguirá informando sobre os resultados actualizados. Non obstante, trátase dun risco e polo tanto é una razón máis para lavarse as mans con frecuencia, despois de ir ao baño e antes de comer.

¿Qué podo facer para protexerme e previr a propagación da enfermidade?

Medidas de protección para todas as persoas

Mantéñase ao día da información máis recente sobre o brote de COVID-19, á que pode acceder no sitio web da OMS e a través das autoridades de saúde pública pertinentes a nivel nacional e local. Rexistráronse casos en moitos países de todo o mundo, e en varios deles producíronse brotes. As autoridades chinas e as de outros países conseguiron retardar o avance dos brotes, pero a situación é impredecible e resulta necesario comprobar con regularidade as novas máis recentes.

Hay varias precaucións que se poden adoptar para reducir a probabilidade de contraer ou de contaxiar o COVID-19:

  • Lávese as mans a fondo e con frecuencia usando un desinfectante a base de alcohol ou con auga e xabón.

¿Por qué? Lavarse as mans con auga e xabón ou usando un desinfectante a base de alcohol mata os virus que poida haber nas súas mans.

  • Manteña unha distancia mínima de 1 metro entre vostede e calquera persoa que tusa ou espirre.

¿Por qué? Cando alguén tuse o espirra, despide polo nariz ou pola boca unhas gotículas de líquido que poden conter o virus. Se está demasiado preto, pode respirar as gotículas e con elas o virus do COVID-19, se a persoa que tuse ten a enfermidade.

  • Evite tocarse os ollos, o nariz e a boca

¿Por qué? As mans tocan moitas superficies e poden recoller virus. Unha vez contaminadas, as mans poden transferir o virus aos ollos, o nariz ou a boca. Desde alí, o virus pode entrar no seu corpo e causarlle a enfermidade.

  • Tanto vostede como as persoas que lles rodean deben asegurarse de manter unha boa hixiene das vías respiratorias. Eso significa cubrirse a boca e o nariz co codo dobrado ou cun paño de papel ao tuser ou espirrar. O paño usado debe tirarse de inmediato.

¿Por qué? Os virus propáganse a través das gotículas. Ao manter unha boa hixiene respiratoria está protexendo as persoas que lle rodean do virus como os do arrefriado, a gripe e o COVID-19.

  • Permaneza en casa se non se atopa ben. Se ten febre, tos e dificultade para respirar, busque atención médica e chame con antelación. Siga as instruccións das autoridades sanitarias locais.

¿Por qué? As autoridades nacionais e locais disporán da información máis actualizada sobre a situación na súa zona. Chamar con antelación permitirá que o seu dispensador de atención de saúde lle dirixa rápidamente hacia o centro de saúde adecuado. Esto tamén lle protexerá a vostede e axudará a previr a propagación do virus e outras infeccións.

  • Mantéñase informado sobre as últimas novas en relación coo COVID-19. Siga os consellos do seu dispensador de atención de saúde, das autoridades sanitarias pertinentes a nivel nacional e local ou do seu empregador sobre a forma de protexerse a sí mesmo e aos demáis ante o COVID-19.

¿Por qué? As autoridades nacionais e locais disporán da información máis actualizada acerca de se o COVID-19 se está propagando na súa zona. Son os interlocutores máis indicados para dar consellos sobre o que debe facer a xente da súa zona para protexerse.

  • Consulte as novas máis recentes sobre as zonas de maior perigo (é dicir, as cidades e lugares onde a enfermidad se está propagando máis extensamente). Se lle é posible, evite desplazarse a estas zonas, sobre todo se a súa idade é avanzada ou ten vostede diabetes, cardiopatías ou neumopatías.

¿Por qué? Estas precaucións débense adoptar nestas zonas porque a probabilidade de contraer o COVID-19 é máis elevada.

Medidas de protección para as persoas que se atopan en zonas onde se está propagando o COVID-19 ou que as visitaron recentemente (nos últimos 14 días)

  • Siga as orientacións antes expostas (Medidas de protección para todas as persoas)
  • Permaneza en casa se comeza a atoparse mal, aínda que se trate de síntomas leves como dor de cabeza, febre lixeira (37,3 oC ou máis) e rinorrea leve, ata que se recupere. Se lle resulta indispensable sair de casa ou recibir unha visita (por exemplo, para conseguir alimentos), póñase unha máscara para non infectar a outras persoas.

¿Por qué? Evitar os contactos con outras persoas e as visitas a centros médicos permitirá que estos últimos funcionen con maior eficacia e axudará a protexerlle a vostede e a outras persoas de posibles infeccións polo virus do COVID-19 ou outros.

  • Se ten febre, tos e dificultade para respirar, busque axiña asesoramento médico, xa que podería deberse a unha infección respiratoria ou outra afección grave. Chame con antelación e informe ao seu dispensador de atención de saúde sobre calquera viaxe que fixese recentemente ou calquera contacto que mantivese con viaxeiros.

¿Por qué? Chamar con antelación permitirá que o seu dispensador de atención de salúde lle dirixa rápidamente cara o centro de saúde adecuado. Esto axudará tamén a previr a propagación de virus e outras infeccións.

¿Qué probabilidades hay de que contraiga o COVID-19?

O risco depende do lugar onde se atope vostede e, máis concretamente, de se estase producindo un brote de COVID-19 en dito lugar.

Para a maioría das persoas que se atopan na meirande parte dos lugares, o risco de contraer esta enfermidade continúa a ser baixo. Sen embargo, sabemos que hay algúns lugares (cidades ou zonas) onde estase a propagar e onde o risco de contraela é máis elevado. tanto para as persoas que viven nelas como para as que as visitan. Os gobernos e as autoridades sanitarias están actuando con determinación cada vez que se detecta un novo caso de COVID-19. É importante que todos respectemos as restriccións relativas aos viaxes, os desprazamentos e as concentracións multitudinarias de persoas aplicables a cada lugar en concreto. Se cooperamos coas medidas de loita contra a enfermidade, reduciremos o risco que corremos cada un de nos de contraela ou de propagala.

Como se comprobou en China e noutros países, é posible deter os brotes de COVID-19 e poñer fin á súa transmisión. Non obstante, a gran rapidez coa que poden aparecer novos brotes obríganos a ser conscientes da situación nos lugares onde nos atopamos ou onde teñamos intención de ir. A OMS publica cada día actualizacións sobre a situación do COVID-19 no mundo, que se poden consultar, en inglés, na páxina https://www.who.int/emergencies/diseases/novel-coronavirus-2019/situation-reports/.

¿Debo preocuparme polo COVID-19?

Polo xeral, os síntomas do COVID-19 son leves, sobre todo en nenos e nos adultos novos. Non obstante, tamén poden ser graves e obrigan a hospitalizar a arredor de 1 de cada 5 infectados. Por conseguinte, é bastante normal preocuparse polos efectos que o brote de COVID-19 pode ter en nos e nos nosos seres queridos.

Esta preocupación debe servirnos para adoptar medidas de protección para nos, os nosos seres queridos e as comunidades onde vivimos. A medida principal e máis importante é a hixiene regular e completa das mans e das vías respiratorias. En segundo lugar, é importante manterse informado e seguir os consellos das autoridades sanitarias locais, como os relativos aos viaxes, os desprazamentos e os eventos onde se poida concentrar un gran número de persoas. Pode consultar os consellos sobre protección na páxina https://www.who.int/es/emergencies/diseases/novel-coronavirus-2019/advice-for-public

¿Quén corre risco de padecer unha enfermidade grave?

Aínda temos moito que aprender sobre a forma na que o COVID-19 afecta aos humáns, pero parece que as persoas maiores e as que padecen afeccións médicas preexistentes (como hipertensión arterial, enfermidades cardíacas ou diabetes) padecen casos graves da enfermidade con máis frecuencia que outras.

¿Son eficaces os antibióticos para previr ou tratar o COVID-19?

Non. Os antibióticos non son eficaces contra os virus, so contra as infeccións bacterianas. O COVID-19 está causada po un virus, de modo que os antibióticos non sirven frente a ela. Non se deben usar antibióticos como medio de prevención ou tratamento do COVID-19. So deben usarse para tratar unha infección bacteriana seguindo as indicacións dun médico.

¿Existen medicamentos ou terapias que permitan previr ou curar o COVID-19?

Aínda que algúns remedios occidentais, tradicionais ou caseiros poden proporcionar confort e aliviar os síntomas do COVID-19, non hay probas de que os medicamentos actuais poidan previr ou curar a enfermidade. A OMS non recomenda a automedicación, en particular con antibióticos, para previr ou curar o COVID-19. Hay varios ensayos clínicos en curso con medicamentos occidentais e tradicionais. A OMS facilitará información actualizada tan pronto como os resultados dos ensayos clínicos estean dispoñibles.

¿Existe algunha vacuna, medicamento ou tratamento para o COVID-19?

Aínda non. Ata a data, non hay ningunha vacuna nin medicamento antiviral específico para previr ou tratar o COVID-19. Sen embargo, os afectados deben recibir atención de saúde para aliviar os síntomas. As persoas que presentan casos graves da enfermidade deben ser hospitalizadas. A maioría dos pacientes recupéranse coa axuda de medidas de apoio.

Estanse a investigar posibles vacunas e distintos tratamentos farmacolóxicos específicos. Hay ensayos clínicos en curso para poñelos a proba. A OMS está coordinando os esforzos dirixidos a desenvolver vacunas e medicamentos para previr e tratar o COVID-19.

As formas máis eficaces de protexerse a un mesmo e aos demáis frente ao COVID-19 son: lavarse as mans con frecuencia, cubrirse a boca co cóbado ou cun paño de papel ao tusir e manter unha distancia de alo menos 1 metro coas persoas que tusen ou espirran. (Véxase ¿Qué podo facer para protexerme e previr a propagación da enfermidade?).

¿Son o mesmo o COVID-19 e o SRAS?

Non. O xenoma do virus que causa o COVID-19 e o do responsable do síndrome respiratorio agudo severo (SRAS) son similares, pero non iguais. O SRAS é máis letal pero moito menos infeccioso que o COVID-19. Dende 2003, non se rexistraron brotes de SRAS en ningún lugar do mundo.

¿Debo levar mascarilla para protexerme?

Se non se presentan os síntomas respiratorios característicos do COVID-19 (sobre todo, tos) ou non se coida dunha persoa que poida haber contraído esta enfermidade, non é necesario levar posta unha mascarilla clínica. Recorde que as mascarillas refugables so se poden empregar unha vez e teña en conta tamén que, se non está vostede enfermo ou non coida dunha persoa que o esté, está malgastando unha mascarilla. As existencias de mascarillas no mundo estanse esgotando, e a OMS insta a utilizalas de forma sensata.

A OMS aconsella facer un uso racional das mascarillas clínicas para non derrochar innecesariamente nin usar indebidamente uns utensilios que son valiosos (véxase o apartado Cándo e cómo usar mascarilla).

As medidas frente ao COVID-19 máis eficaces para protexerse a un mesmo e aos demáis son: lavarse as mans con frecuencia, cubrirse a boca co cóbado ou cun paño de papel ao tusir e manter unha distancia de alo menos 1 metro coas persoas que tusen ou espirran. Para máis información a este respecto, poden consultarse as medidas básicas de protección frente ao novo coronavirus.

Cómo poñerse, usar, quitarse e desechar unha mascarilla

1. Recorde que so deben usar mascarilla os traballadores sanitarios, os cuidadores e as persoas con síntomas respiratorios como febre ou tos.

2. Antes de tocar a mascarilla, lávese as mans cun desinfectante a base de alcohol ou con auga e xabón.

3. Inspeccione a mascarilla para ver se ten rasgaduras ou buratos.

4. Oriente hacia arriba a parte superior (onde se atopa a tira de metal).

5. Asegúrese de orientar hacia fora o lado correcto da mascarilla (o lado coloreado).

6. Colóquese a mascarilla sobre a cara. Pellizque a tira de metal ou o borde ríxido da mascarilla para que se amolde á forma do seu nariz.

7. Tire hacia abaixo da parte inferior da mascarilla para que lle cubra a boca e o queixo.

8. Despois de usala, quítese a mascarilla; retire as cintas elásticas de detrás das orellas mantendo a máscara afastada da cara e a roupa, para non tocar as superficies potencialmente contaminadas da máscara.

9. Refugue a mascarilla nun contedor pechado inmediatamente despois do seu uso.

10. Lávese as mans despois de tocar ou refugar a mascarilla. Use un desinfectante a base de alcol ou, se están visiblemente sucias, lávellas con auga e xabón.

¿Cánto dura o periodo de incubación do COVID-19?

O «período de incubación» é o tempo que transcorre entre a infección polo virus e a aparición dos síntomas da enfermidade. A maioría das estimacións respecto ao período de incubación do COVID-19 oscilan entre 1 e 14 días, e en xeral sitúanse ao redor de cinco días. Estas estimacións iranse actualizando a medida que se teñan máis datos.

¿Poden os humáns contraer o virus do COVID-19 por contacto cun animal?

Os coronavirus son unha extensa familia de virus que son comúns entre os morcegos e outros animais. En raras ocasións as persoas inféctanse por estes virus, que logo poden propagarse a outras persoas. Por exemplo, o SRAS- CoV ía asociado ás civetas e o MERS- CoV transmítese a través dos dromedarios. Aínda non se confirmou a posible orixe animal do COVID-19.

Como medida de protección ao visitar mercados de animais vivos ou noutras situacións parecidas, evite o contacto directo cos animais e as superficies que estean en contacto con eles. Asegúrese de que en todo momento obsérvense prácticas adecuadas de hixiene dos alimentos. Manipule con coidado a carne, o leite ou os órganos de animais crus para evitar a contaminación de alimentos non cociñados e evite o consumo de produtos animais crus ou pouco cociñados.

¿A miña mascota pódeme contaxiar o COVID-19?

Aínda que houbo un caso dun can infectado en Hong Kong, ata a data non hai probas de que un can, un gato ou calquera mascota poida transmitir o COVID-19. O COVID-19 propágase principalmente a través das gotículas producidas por unha persoa infectada ao toser, esbirrar ou falar. Para protexerse a si mesmo, lávese as mans a fondo frecuentemente.

A OMS mantense ao tanto das últimas investigacións a este respecto e outras cuestións relacionadas co COVID-19 e proporcionará información actualizada das conclusións que se vaian obtendo.

¿Cánto tempo sobrevive o virus nunha superficie?

Non se sabe con certeza canto tempo sobrevive o virus causante do COVID-19 nunha superficie, pero parece comportarse como outros coronavirus. Os estudos realizados (incluída a información preliminar dispoñible sobre o virus do COVID-19) indican que os coronavirus poden subsistir nunha superficie desde unhas poucas horas ata varios días. O tempo pode variar en función das condicións (por exemplo, o tipo de superficie, a temperatura ou a humidade do ambiente).

Se cre que unha superficie pode estar infectada, límpea cun desinfectante común para matar o virus e protexerse deste xeito a vostede mesmo e aos demais. Lávese as mans cun desinfectante a base de alcol ou con auga e xabón. Evite tocarse os ollos, a boca ou o nariz.

¿É seguro recibir un paquete dunha zona na que se notificasen casos de COVID-19?

Si. A probabilidade de que unha persoa infectada contamine artigos comerciais é baixa, e o risco de contraer o virus causante do COVID-19 por contacto cun paquete que fose manipulado, transportado e exposto a diferentes condicións e temperaturas tamén é baixo.

¿Hai algo que non deba facer?

As seguintes medidas NON SON eficaces contra o COVID-2019 e poden resultar perxudiciais:

  • Fumar
  • Levar varias mascarillas
  • Tomar antibióticos (Véxase ¿Existen medicamentos ou terapias que permitan previr ou curar o COVID-19?)

En calquera caso, se ten febre, tose e dificultade para respirar, trate de obter atención médica canto antes para reducir o risco de desenvolver unha infección máis grave, e asegúrese de informar ao seu proveedor de atención de saúde acerca das súas viaxes recentes.

Enlaces para obter máis información