

Accións formativas

Cursos de prevención en riscos laborais – Formación online 100% subvencionada
Prevención de riscos no teletraballo e no comercio electrónico
– Duración: 25h
– Modalidade: Aula virtual
– Descrición: Coñece os principais riscos ligados á prevención en PRL e adquire boas prácticas enfocadas á mellora da seguridade laboral para diminuír a siniestralidade laboral no sector do comercio, e más concretamente no comercio de proximidade.
Prevención de riscos psicosociais enosector comercio.
– Duración: 53h
– Modalidade: En liña (50h) e aula virtual (3h)
– Descrición: Aprende a identificar os principais riscos psicosociais aos que están expostas as persoas traballadoras no comercio de proximidade, evitando ou diminuíndo as enfermidades laborais e os accidentes derivados desta actividade, así como a recoñecer as medidas preventivas e as intervencións precisas.

Amplia variedade de cursos para mellorar o perfil profesional – Formación online 100% subvencionada
Alcanza os teus propósitos profesionais sumando ao teu perfil unha nova experiencia formativa que che axude a ampliar, mellorar e/ou acreditar os teus coñecementos e habilidades.
Se estás a buscar novas oportunidades laborais, traballas por conta allea ou por conta propia, agora podes formarte coa Federación Galega de Comercio (FGC) e mellorar as túas habilidades para poder aplicalas no teu día a día persoal e profesional.

Impulsa Comercio Galicia – Obradoiros para transformar o teu negocio con dixitalización, innovación e sostibilidade.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un novo programa extraordinario de formación e asesoramento ao sector comercial galego. Nesta ocasión, o ciclo céntrase en catro grandes áreas clave para o presente e futuro do comercio: dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, e tendencias e sostibilidade. Ao longo das sesións, exploraranse ferramentas prácticas para mellorar a visibilidade online, optimizar a xestión do negocio, coñecer novas formas de conectar coa clientela e incorporar criterios sostibles no día a día comercial.
Unha oportunidade para actualizar coñecementos e impulsar a competitividade do comercio de proximidade en Galicia.
Estes cursos gratuitos cubren áreas clave como estratexias de marketing dixital, xestión financeira, atención ao cliente e desenvolvemento de habilidades de liderazgo. Deseñados para proporcionar coñecementos prácticos e ferramentas útiles, estes cursos representan unha valiosa oportunidade para mellorar as capacidades empresariais e mantenerse ao día coas últimas tendencias e mellores prácticas.
A formación está completamente subvencionada polo Ministerio de Traballo e Economía Social, polo que non representa custo algún para as empresas ou os seus traballadores, ademáis, tampouco resta créditos de formación.
Son máis de 30 cursos gratuitos que se imparten en modalidade online, e aos que poden acceder todos os profesionais da industria.
Pódense consultar todas as accións formativas e solicitar a praza desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FGC


A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.
Potencia as túas competencias dixitais para adaptarte como profesional á contorna laboral actual. Coñece as bases da analítica web e o márketing dixital ou mergúllate no mundo da ciberseguridade, a intelixencia artificial, o big data ou o comercio electrónico.
Se traballas por conta allea ou estás desempregado, agora tes a oportunidade de formarte co Clúster Comercio Galicia e adestrar as túas competencias dixitais para poder aplicalas no teu día a día persoal e profesional.
CURSOS ONLINE GRATUITOS para traballadores e autónomos do Sector Comercio.
Cursos online gratuitos dirixidos a autónomos e traballadores ocupados en empresas ou entidades pertencentes ao Sector Comercio de Galicia, tales como comercio polo miúdo (administracións de loterías, textil, alimentación, estancos, florerías, vehículos, etc.), intermediarios do comercio, estacións de servizo, aparcamentos e garaxes, Contact Center, grandes almacéns e actividades de envasado e empaquetado.
Formación 100% subvencionada por:

Puodes acceder á Aula Virtual pulsando no botón «Acceder á Aula».
A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia poñen en marcha unha acción formativa sobre a prevención do contaxio por Covid-19 no ámbito do sector comercial.
Esta nova ferramenta complementa ás accións de divulgación da información acerca das medidas implantadas para facer fronte á situación provocada pola crise do coronavirus Covid-19 que vimos elaborando dende marzo do 2020 polos servizos de asesoramento da Federación Galega de Comercio e que canalizamos a través da nosa web mediante circulares e newsletters, difusión de guías e procedementos, e as publicacións relevantes do BOE, DOG e boletíns provinciais.
Este servizo ofertado para o comercio de proximidade galego, que está en constante actualización, complétase agora cunha ferramenta formativa online en formato aberto e gratuíta, dirixida a autónomos e traballadores do sector.
Esta formación é TOTALMENTE GRATUITA.
Talleres
Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, puxo en marcha no ano 2021 un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online, onde aprendimos de casos de éxito para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén puidemos coñecer cómo sacar partido da publicidade de Facebook e Instagram, a mellorar o posicionamiento SEO da túa web ou cómo dixitalizar as túas finanzas.
Este ciclo inclúe unha xornada formativa aberta e doce talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.
Podes acceder a todos os contidos impartidos no ciclo pulsando no botón «Acceder á Webinar».
Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, puxo en marcha no ano 2020 un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online. Aprendimos de casos de éxito de PEMES e emprendedores para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén puidemos coñecer cómo empregar Instagram Shopping, Whatsapp Business, Facebook, LinkedIn ou Google My Business, para incrementar as vendas por canles dixitais.
Este ciclo incluíu unha xornada formativa aberta e oito talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.
Podes acceder a todos os contidos impartidos no ciclo pulsando no botón «Acceder á Webinar».
Congresos
Organizado pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.
Congreso Telemático no que se abordóu en profundidade a situación e perspectivas do sector comercial galego, prestando especial atención a retos como a modernización, transformación dixital, comercio online, claves de éxito comercial, comportamento e necesidades do consumidor entre outros.
O Congreso retransmitiuse por duas canles simultáneamente en directo na plataforma Youtube, con diferentes contidos.
Podes consultar o programa do Congreso e acceder ao mismo a través da páxina web www.comerciogalego.tv ou pulsando no botón «Acceder ao Congreso».





