Campañas promocionais

Merca no teu comercio 2026

“Merca no teu Comercio” é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación Galega de Comercio, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA. A “Edición 2026” desta campaña promocional ten lugar entre o 1 de maio de 2026 e o 15 de outubro de 2026. O ámbito da campaña é autonómico, podendo participar consumidores/clientes do pequeno comercio retallista das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Mercar no teu comercio ten premio

Mercar no teu comercio ten premio é unha campaña de dinamización do comercio de proximidade posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Vicepresidencia Primeira – Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio e asociacións de comerciantes galegas.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o comercio de proximidade galego, estimulando a demanda comercial e o consumo e premiando aos consumidores que aposten polos establecementos galegos para facer as sús compras.

Con tal motivo, levaranse a cabo actuacións promocionais en distintas localidades galegas que culminarán nun gran evento final e o sorteo de premios en forma de tarxetas prepago para seguir comprando no comercio galego.

Días Azuis do Comercio Galego

A campaña “Días Azuis do Comercio Galego” é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Vicepresidencia Primeira – Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no comercio de proximidade de Galicia.

O ámbito da campaña é autonómico, podendo participar consumidores/clientes do pequeno comercio retallista das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Podes consultar toda a información da campaña na páxina web www.diasazuis.com.