¿En qué consiste?
Cos bonos activa comercio preténdese incentivar a compra de bens no comercio de proximidade.
¿A quén vai dirixido?
- Comerciantes: Os comerciantes que o desexen deben acceder á web www.bonosactivacomercio.gal e completalo seu rexistro antes do 1 de septiembre de 2023. Unha vez rexistrados, se aínda non o recibiron, recibirán a sinalización para colocar no seu comercio, en lugar visible, indicando que están adscritos á promoción.
- Consumidores: Os consumidores poderán rexistrarse no programa desde o 15 de maio hasta el 15 de setembro de 2023, ou ata que o importe total dos descontos realizados supere o orzamento máximo do programa.
- Unha vez rexistrados, ambos, comerciantes e consumidores deben descargala app “bonos activa comercio” en Google Play o Play Store. Para aplicar o desconto o consumidor deberá mostrar o código QR da aplicación ó comerciante, que deberá introducilo na súa app para que se realice o desconto.
Plazo de rexistro
- Para comerciantes: ata o 1 de setembro de 2023.
- Para consumidores: do 15 de maio ao 15 de setembro de 2023 (ou ata alcanzar o límite de orzamento).
Contía e troco da axuda
Cada consumidor dispoñerá dun bono de 30€, o cal trocarase nas súas compras da seguinte maneira:
- Compras iguais ou superiores a 20€ e inferiores a 30€: Desconto de 5€.
- Compras iguais ou superiores a 30€ e inferiores a 50€: Desconto de 10€.
- Compras iguais ou superiores a 50€: Desconto de 15€.