Obradoiros para transformar o teu negocio con dixitalización, innovación e sostibilidade.
A Federación Gallega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un novo programa extraordinario de formación e asesoramento ao sector comercial galego. Nesta ocasión, o ciclo céntrase en catro grandes áreas clave para o presente e futuro do comercio: dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, e tendencias e sostibilidade. Ao longo das sesións, exploraranse ferramentas prácticas para mellorar a visibilidade online, optimizar a xestión do negocio, coñecer novas formas de conectar coa clientela e incorporar criterios sostibles no día a día comercial.
Unha oportunidade para actualizar coñecementos e impulsar a competitividade do comercio de proximidade en Galicia.
Tamén podes ver todos os vídeos do programa formativo na nosa canle de YouTube.



























































