¿Qué é o programa Bonos Activa Comercio?
O programa Bonos Activa Comercio é un campaña para a incentivación do Consumo nos comercios retallistas de Galicia.
Rexistro comerciantes
- ¿Qué establecementos comerciais poden adherirse ao programa?
As persoas autónomas e pemes comerciais retallistas con establecemento comercial en Galicia e que estean dados de alta nas epígrafes do IAE establecidas no Programa. - ¿Ónde podo rexistrarme?
Na web www.bonosactivacomercio.gal. - ¿Qué prazo teño para adherirme ao programa?
Un mes, dende o 15 de abril ata o 15 de maio de 2021. - ¿Dende qué dispositivo me podo rexistrar?
Para o rexistro poderase utilizar calquera dispositivo (PC, móbil, tablet). - ¿Cómo me rexistro se teño varios establecementos comerciais?
Con independencia do número de establecementos comerciais o rexistro será único por empresa (nome apelidos (NIF) /razón social (CIF)). - ¿Cómo localizo a aplicación no Play Store ou Google Play?
A aplicación chamase “Bonos Activa Comercio” e aparece o logo da Xunta de Galicia. - ¿En cántos dispositivos móbiles podo descargar a APP?
Non hai limitación e polo tanto poderase descargar a APP bonos activa comercio, en tantos dispositivos móbiles como queira. - ¿Podo establecer distintas contrasinais para os distintos dispositivos móbiles?
Non, o usuario e contrasinal serán os mesmos para todos os dispositivos móbiles da mesma empresa. - ¿Cómo fago se estou dado de alta en máis dun IAE?
No rexistro deberase poñer unicamente o epígrafe do IAE principal no que estea dado de alta. - ¿É obrigatorio estar rexistrado na plataforma Comercio Seguro?
Non, a plataforma de comercio seguro é unha ferramenta que poderá utilizar para dar cumprimento as medidas de prevención de riscos fronte a Covid-19. - ¿A persoa comerciante ten que ter conta bancaria en ABANCA?
Non é preciso que a persoa comerciante sexa cliente de ABANCA. - ¿Cándo me fan o pago dos bonos canxeados?
A entidade financeira pagará semanalmente os importes dos bonos canxeados na conta bancaria establecida no formulario de rexistro. - ¿Cál é o importe máximo de bonos que podo canxear?
Cada persoa comerciante poderá canxear ata 5.000€. - ¿Qué información física vou recibir?
Un adhesivo distintivo do Programa Bonos Activa Comercio para a identificación do establecemento como adherido e un díptico co resume dos pasos a seguir para a súa adhesión e cobro.
Descarga de bonos
- ¿Quén pode descargarse os bonos?
A cidadanía en xeral que sexa maior de idade e residente en Galicia. - ¿Qué prazo teño para descargarme os bonos?
3 meses, dende o 3 de maio ata o 3 de agosto de 2021. - ¿Cál é o prazo de validez do bono?
Dende o 3 de maio ata o 3 de agosto de 2021. - ¿Cómo podo descargar o bono?
A persoa usuaria deberá rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e descargar o bono QR na APP “Bonos Activa Comercio” (dispoñible para Android e Apple). - ¿Cántos bonos podo descargar?
Só un bono por persoa. - ¿De qué importe son os bonos?
Cada bono ten un importe de 30€. - ¿En qué compras podo usar os bonos?
– En compras iguais ou superiores a 30€ (desconto de 5€).
– En compras iguais ou superiores a 50€ (desconto de 10€).
Estas contías enténdense co IVE incluído. - ¿Cómo uso o meu bono?
No momento do pagamento da compra deberá amosar o seu bono (QR) ao comerciante para que lle aplique o desconto. - ¿Podo devolver as compras?
Sí, a devolución farase efectiva cun vale sen caducidade ou por outra compra, sen que se devolva o diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito. - ¿Podo usar o bono no comercio on-line?
Non, só nos establecementos comerciais físicos adheridos ao programa. - ¿Son compatibles os bonos con outras axudas?
Sí.