Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online, onde aprenderemos de casos de éxito para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén poderemos coñecer cómo sacar partido da publicidade de Facebook e Instagram, a mellorar o posicionamiento SEO da túa web ou cómo dixitalizar as túas finanzas.
Este ciclo inclúe unha xornada formativa aberta e doce talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.