Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online. Aprenderemos de casos de éxito de PEMES e emprendedores para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén poderemos coñecer cómo empregar Instagram Shopping, Whatsapp Business, Facebook, LinkedIn ou Google My Business, para incrementar as vendas por canles dixitais.
Este ciclo inclúe unha xornada formativa aberta e oito talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.