Circular importante sobre o Coronavirus á atención das asociacións e comerciantes


Desde a Federación Galega de Comercio e en relación á pandemia de propagación do virus COVID-19 (coroa virus), e os efectos negativos e prexuízos derivados da devandita propagación, non só a nivel sanitario e de saúde pública, tamén en canto ás graves repercusións para a economía en xeral e o noso sector do comercio en particular, queremos poñer de manifesto o seguinte:

En primeiro lugar, desde esta entidade e coordinadamente coas nosas Federacións Provinciais de Comercio, estamos informando e difundindo debidamente a todas as nosas asociacións de comerciantes e comercios asociados, acerca de todas as medidas preventivas básicas que deben adoptar para evitar a propagación de dito virus, recomendadas polo Ministerio de Sanidade, cumprindo coas mesmas desde a Federación en todo momento.

Asimesmo, acordamos coa Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio e Consumo, manter contactos continuos e reunións, a fin de debatir e adoptar as medidas que en cada fase desta pandemia, resulten pertinentes e oportunas, aos efectos de paliar os efectos negativos e os perxuicios que para a nosa economía en xeeral, e o pequeno e mediano comercio en particular, supón a propagación desta pandemia.

Así, no caso extremo de verse na obriga en Galicia de adoptar medidas drásticas como noutras Comunidades Autónomas ou cidades, en canto á obrigatoriedade de peche de tendas e comercio salvo supermercados e farmacias, desde a Federación Galega de Comercio, propoñeremos e demandaremos á Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que adopte as medidas pertinentes para reducir o impacto económico negativo que dita medida supoñerá para os pequenos e medianos empresarios do sector, e as enormes perdas que deberán soportar por dito peche. A  adopción de ditas medidas debatirase e consensuarase no seu momento coa Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e a Federación Galega de Comercio, como entidade máis representativa do sector en Galicia, e todas elas irán dirixidas a minimizar estes perxuicios económicos derivados do peche obrigatorio de tendas e comercio durante un tempo, mediante medidas paliativas e/ou programas de axudas aos comerciantes, similares aos adoptados ante outras traxedias naturales como incendios, inundacións etc…, así como presentando propostas á Administración Estatal competente, en canto á aprobación de reduccións fiscais, exención do pago da cuota do RETA, e outras, mentres dure esta pandemia y deba manterse no seu caso este peche obrigatario dos negocios. Desde a Federación Galega faise un chamamento a manter a calma e a serenidade, pero apelando á responsabilidade ante a seriedade deste problema que nos afecta a toda a cidadanía.

Desde esta entidade se facilitará información actualizada puntualmente, de todas as medidas que desde o Ministerio de Sanidade, ou desde a Xunta de Galicia, acorden ou adopten en relación a este asunto, mantendo contactos continuos desde esta organización con ditos organismos competentes, ata o fin desta crise.

Deixa un comentario