Publicamos un esquema meramente orientativo, coas principais medidas económicas e sociais aprobadas polo Goberno e publicadas hoxe, 18 de marzo de 2020, mediante Real Decreto Lei 8/2020 de medidas urxentes e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID 19 -coronavirus-, o cal xa publicaramos na entrada Real Decreto de medidas economicas e sociais extraordinarias.
Este esquema pretende ser como dicimos, unha pequena axuda para orientarlles e que coñezan as principais medidas aprobadas, especialmente aquelas que afectan as pemes e autónomos.
A información máis detallada e completa sobre os requisitos para acceder a estas medidas, así como as instrucións para a súa solicitude ou tramitación, detállanse no propio Real Decreto ao que podedes acceder a través da ligazón anteriormente indicada.
Seguiremos informándolles puntualmente, acerca da interpretación, concreción, ou aplicación de ditas medidas ou calquera novidade que se publique en relación a estas medidas aprobadas polo Goberno, así como no caso de que posibles modificacións das mesmas ou se se aproban máis medidas en relación a esta crise.
Como sempre quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou aclaración sobre este tema.
Atentamente.