Publicamos os seguintes documentos orientativos, que conteñen as condicións, requisitos, prazos e procedementos relativos á prestación extraordinaria por cese de actividade dos autónomos derivada do estado de alarma pola crise do COVID-19 – coronavirus, así como no relativo aos ERTES regulados no mesmo Real Decreto Ley 8/2020 polo que se aproban medidas extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (BOE 18 de marzo de 2020), a fin de que lles poidan servir de orientación ou axuda, en canto á solicitude e tramitación de ditas medidas no seu caso:
- Preguntas frecuentes sobre a prestación extraordinaria por cese de actividade de autónomos (Art 17 RDL 8/2020).
- Preguntas frecuentes sobre a suspensión de contratos ou reducción de xornada por forza maior derivada da crise do coronavirus (ERTES) (Art 22-25 RDL 8/2020).