Publicamos o resumen actualizado cos establecementos comerciais, hosteleiros e aloxamentos turísticos e de ocio, que deben suspender as súas actividades durante a vixencia do estado de alarma, así como a listaxe de aqueles comercios ou establecementos que, como excepción, poden permanecer abertos mentras dure dito estado de alarma e as súas respectivas prórrogas no seu caso.
Publicamos así mesmo resumo coas medidas aprobadas para a limitación de circulación de persoas, de transporte de mercadorías, restricións para os desprazamentos en coche ao lugar de traballo, solicitude de moratoria de hipotecas no seu caso, normas sanitarias para xestión de residuos, garantías de abastecemento de produtos de primeira necesidade, así como de enerxía eléctrica, gas natural e auga, normas de xestión de residuos, e outras medidas que afectan a particulares, traballadores, empresarios, e a toda a cidadanía en xeral, durante a vixencia do estado de alarma e as súas respectivas prórrogas no seu caso.
Esperamos que estes resumos ou esquemas aclaratorios poidan resultarlles de axuda, en relación á xestión ou aplicación das diferentes medidas aprobadas como resultado da declaración do estado de alarma derivada da crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19.
Atentamente