Adxuntamos resumo orientativo sobre os expedientes de regulación de emprego por causa de forza maior, ou por causas técnicas, organizativas, económicas ou de producción, ambos derivados da crise provocada polo COVID-19, actualizado coa nova normativa específica sobre ditos expedientes, publicada no BOE de 28 de marzo de 2020.
Así mesmo, completáronse algúns puntos do resumo, cos pasos do procedemento a seguir ante a sede electrónica da Xunta de Galicia, para cada un deles, e a documentación a presentar respectivamente, así como en canto á tramitación da solicitude ante a Seguridade Social, da correspondente exoneración de cuota empresarial polos traballadores afectados por ERTEs de forza maior derivada do coronavirus.
Entendemos pois que esta actualización coas novas medidas, así como a información complementaria incluida, é importante, e pode facilitarlles ou orientarlles da mellor maneira posible para a solicitude e tramitación de ditos expedientes de regulación de emprego.
Ao final do documento resumo actualizado que adxuntamos, engadiuse tamén o teléfono gratuito de dúbidas ou consultas da administración, en relación a ditos expedientes.
Esperamos que esta información lles sirva de axuda.
Atentamente.