Publicamos nota de prensa emitida pola nosa Federación, na que se recolle a nosa demanda sobre a suspensión da cota de autónomos durante o estado de alarma, necesidade que tamén se trasladou ao Conselleiro de Economía, Emprego e Industria na videoconferencia mantida con el o pasado 17 de marzo.
Así mesmo, facemos chegar as ligazóns coa repercusión da mesma en distintos medios de comunicación.
A Federación Galega de Comercio quere mostrar o seu descontento e desconformidade coas medidas aprobadas no día de onte polo Goberno en relación ao colectivo dos traballadores autónomos. Moitos son os comerciantes que se puxeron en contacto coa nosa organización para expresar as súas queixas por estas decisións, que consideramos ofensivas para o noso sector e neste sentido, pedimos como prioridade a suspensión desde leste mesmo momento da cota, non un aprazamento como se contemplou.
Desde a FGC témese as consecuencias económicas destas medidas, que non se adaptan ás necesidades nin á realidade do sector. Son contraditorias, improvisadas, complexas e chegan “tarde, mal e a rastro”; mentres que o comercio necesita un apoio inmediato, claro e rotundo.Respondemos de forma exemplar ao que se nos pediu e non podemos aguantar o que se nos esixe tendo os nosos establecementos pechados.
Hai que lembrar que o 99% do armazón empresarial é peme e que, ademais, o papel do comercio de proximidade é fundamental no PIB e como xerador de emprego estable. Por ese motivo, ata que se retome a actividade e se empezo a obter ingresos, non podemos afrontar o seguir pagando a cota de autónomos, as facturas dos nosos provedores, o aluguer, as nóminas dos nosos empregados ou os impostos, entre outras partidas .
De non eliminarse a cota e aprazar outros destes aspectos, as consecuencias no sector comercial poden ser aínda moito máis graves do que xa de seu están a ser, dada a delicada situación económica derivada desta pandemia que lamentablemente estamos a sufrir, e que se suma á crise que viñamos arrastrando anteriormente. Estimamos que ao redor do 40% dos comerciantes poderían verse abocados ao peche definitivo, coa consecuente destrución de emprego que isto carrexaría.
- La Voz De Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/04/01/comercio-lanza-sos-pide-supresion-cuota-autononos/00031585757471077624796.htm
- Galicia 24 horas: https://galicia24horas.es/seccion/economia-actualidade/
- Economía en Galicia: https://www.economiaengalicia.com/articulo/economia/federacion-comercio-pide-suspension-inmediata-pago-cuota-autonomos/20200401182231013672.html
- El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/contagio-pib-gallego-ano-un-coste-6-722-millones-63-200-empleos/idEdicion-2020-04-02/idNoticia-1239028
- Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/04/02/comercio-gallego-reclama-suspension-inmediata/2270989.html