Publicamos as bases reguladoras do PLAN REANIMA LUGO, con axudas para o impulso da actividade económica no término municipal de Lugo para paliar os efectos do COVID-19, así como un resumo de ditas bases por se resúltalles de axuda para a mellor comprensión das mismas, ou como guía orientativa para a súa tramitación.
O prazo para solicitalas será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. En canto saia dita convocatoria a remitiremos ese mesmo día a todos.
É importante ter en conta que se valorará para a concesión destas axudas, a orden de presentación, por tanto aqueles interesados en solicitalas que presenten os primeiros, en cuanto se abra o prazo de convocatoria, a solicitud correcta e con toda a documentación que se pide nas bases. Desta maneira terán máis posibilidades dunha resolución favorable.
A solicitude será telemática a través do formulario que se publicará a tal efecto na web do Concello de Lugo, www.concellodelugo.gal, cubrindo tal formulario e acompañando toda a documentación que esixen estas bases, e cumprindo claro está os requisitos esixidos nas mesmas.
Pode consultar as bases e anexos do Plan Reanima Lugo na ligazón http://lugo.gal/es/tramites/bases-y-anexos-del-plan-reanima-lugo.
Esperamos que esta información sexa do seu interese.
Atentamente.