Coronavirus en Galicia | “Xogámonos o peche de preto do 40% dos comercios da comunidade galega”

José María Seijas, Presidente Federación Gallega de Comercio
Imaxe de José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio. Xoán Álvarez.

“Se todo vén de China, ao final dependes de China: hai que darlle valor á nosa industria, á nosa agricultura, ao comercio que dá luz e vida ás nosas rúas…”

José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio

O pequeno comercio é o sector máis afectado pola o impacto do coronavirus na economía xunto á hostalería. A ferida resulta aínda máis profunda en Galicia, onde a previsión de peche supera entre 10 e 20 puntos o dato español. Se a Confederación Española de Comercio (CEC) cifra nun 20% a porcentaxe de establecementos abocados a clausúraa a falta dun plan de salvagarda para o sector, a Federación Galega de Comercio sitúa ese risco na comunidade entre o 30% e o 40%. Segundo o seu presidente, José María Seijas, o sector representa un 13% do emprego e un 14% do PIB galego.

¿Qué efecto ten neste momento o Covid-19?

O 90% do comercio galego está pechado se exceptuamos os establecementos necesarios, caso da alimentación. É dicir, 36.000 comercios galegos carecen de ingresos neste momento pero manteñen gastos, alugueres, facturas do que se comprou para a tempada, salarios, impostos, cargáronnos o último recibo de autónomos… Se non se toman medidas urxentes é probable que un bo número, entre o 30% e o 40% dos comercios galegos, pechen. Iso é o que nos xogamos.

Unha porcentaxe moi ampla.

Pois si, ademais moitos non poderán subsistir porque veñen dunha etapa de crecemento reducido, aínda non estabamos totalmente recuperados da crise, e a iso súmase a incerteza respecto ao regreso á actividade económica, tanto na data como na forma de facelo. Imaxino que será unha apertura paulatina porque se saímos todos en tromba á rúa, volveremos atrás, a contaxiarnos, por tanto as vendas van ser moi exiguas. A iso súmelle o baixísimo grao de confianza dos consumidores neste momento porque ninguén sabe se ten o seu posto de traballo asegurado, se vai cobrar ou cando. Isto afecta enormemente á demanda.

¿Qué esixe ao Goberno?

Debe suspender temporalmente todos os impostos ademais de aprazar os créditos e alugueres. Outra demanda importante é a axilidade na tramitación administrativa. O 90% dos comercios están abocados ao ERTE, pero de forma provisional porque os inspeccionarán, e se pasado o tempo, cando empezos a levantar a cabeza, dinche que non cho aproban, será imposible volver atrás. Aseguraron que os créditos ICO ían saír ao 1,75% pero á hora da verdade, entre unhas cousas e outras, cando vas facer as contas ese crédito sae ao 4,5% ou ao 5% de interese, o que resulta inasumible. As microempresas do comercio teñen que ser as protagonistas dun plan específico. Desde a Federación, ademais das chamadas que recibimos, activamos unha nova web, o que nos permite estar en contacto cos comerciantes.

¿Qué reclama á Xunta?

Nestes momentos o Executivo galego pouco pode facer dado que o Goberno central é o que ten a potestade. Estamos en contacto coa Xunta para, unha vez pasado todo isto, elaborar un plan de axudas directas ao comercio. Temos que manter o comercio vivo, é un sector dunha gran relevancia para a economía galega. Agora ben, necesitamos un plan de choque coa implicación de todas as administracións: o Goberno central, as comunidades e os concellos. Isto é unha crise sanitaria a nivel mundial e temos que estar todos xuntos, non é momento de protagonismos nin de discrepancias, aínda que por desgraza non entendemos ben todas as normativas do día a día porque, ademais, cambian a gran velocidade. É desesperante o do comercio nestes momentos. Recibo chamadas todos os días e todo o mundo está moi preocupado.

¿Qué lle di a Xunta?

Teño conversacións case a diario coa Dirección Xeral de Comercio, porque a idea é elaborar un plan global que, ademais das axudas, contemple a promoción e a formación. Debemos reavivar o comercio.

¿Cómo o promocionaría nestes momentos?

Debemos mentalizar aos cidadáns galegos, debemos transmitirlles que o comercio é seu, é o que dá luz aos barrios e aos pobos. E iso só pode solucionarse comprando no comercio. Que nalgúns casos hai unha diferenza de prezo? Pero iso revértese doutras moitas maneiras, como que o teu barrio teña alegría, vida e mellores prestacións. Repítoo moitísimas veces, onde non hai comercio non hai vida, e iso agora mesmo temos a oportunidade de comprobalo cando vemos as rúas baleiras e non hai luz porque os escaparates están apagados. Insisto, temos que mentalizarnos. Que a xente se convenza de que o comercio é seu, de todos, é a mellor promoción posible.

O comercio de proximidade, os agricultores, a España baleirada… tan esquecidos hai un mes e agora protagonistas.

Hai valores que estaban abandonados e que van rexurdir. Estou convencido de que a proximidade, a proximidade e a experiencia dos comerciantes van estar de novo en boga. Temos que darnos conta de que nos necesitamos os uns aos outros, e unha boa forma é xerar actividade entre nós. Non dubido de que a haxa globalización tivese acertos, pero nalgúns aspectos é nefasta. Todo vén de China e agora atopámonos con que dependemos de China, por tanto temos que dar vida e valor ás nosas industrias, á nosa agricultura, ao noso comercio, á proximidade…

Tamén hai brotes verdes entón…

Hai que ser positivo dentro do que cabe, pero vai ser moi difícil saír e vainos a custar moito tempo. Por iso pido unidade á cidadanía e sentido común aos políticos.

¿Cáles son as actividades máis prexudicadas?

Os comercios de moda e calzado compran con moita antelación, polo que teñen a mercadoría da campaña de verán no almacén. Isto hai que pagalo, á parte de que son artigos de tempada. En Semana Santa non se vendeu e non creo que cheguemos a tempo para o verán. O resto tamén se ve afectado. Podemos salvar á alimentación aínda que o consumidor está a volver á marca branca e ao barato polo que se aveciña.


Fonte: La Opinión de A Coruña
Traducción: Federación Galega de Comercio

Deixa un comentario