Publicamos o extracto da convocatoria das axudas do Plan Reanima Lugo, de impulso da actividade económica no termo municipal de Lugo, para paliar os efectos do COVID-19 (BOP Lugo 14 abril de 2020).
A Liña 1 destas axudas está destinada a autónomos e PEMES do termo municipal de Lugo, que se viron afectado/ as polo estado de alarma derivado da crise do COVID-19, e a Liña 2 para aquelas familias que visen minguados os seus ingresos como consecuencia da devandita crise. A Liña 2 tamén poden solicitala autónomos que teñan dereito á Liña 1 e cumpran os requisitos. O prazo para solicitalas será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación no BOP desta convocatoria.
A solicitude presentarase vía telemática utilizando a sede electrónica do Concello de Lugo, accesible a través da ligazón https://www.lugo.gal/portal/tramites/X100, mediante o uso dun certificado dixital. Na devandito ligazón poderase cubrir online o formulario de solicitude, anexando toda a documentación que se pide nas bases da convocatoria para cada liña de subvencións respectivamente, para posteriormente asinar dixitalmente a solicitude e presentala.
Outra das vías que segue habilitada para presenta ditas solicitudes é a través do sistema de intercambio rexistral dispoñible a través da ligazón https://rec.redsara.es/registro/, a través do cal deberán identificarse co seu certificado dixital, e seguir o seguinte proceso:
- Cubrir o formulario que se abrirá cos seus datos.
- No recadro onde pon “SOLICITA”, deberán poñer o texto “Axudas Covid-19. Servizo de Desenvolvemento local“.
- Achegar cuberto, asinado e escaneado, o anexo de solicitude normalizado publicado na páxina do concello (bases e anexo normalizado dispoñibles na seguinte ligazón: concellodelugo.gal/gl/tramites/bases-e-anexos-do-plan-reanima-lugo).
- Achegar tamén escaneada a restante documentación que requiren as bases segundo solicítese a Liña 1 ou a Liña 2.
Nesta segunda vía de rexistro convén advertir que non admite presentar máis de 5 documentos, por tanto, ao escanear a documentación que é necesario presentar, convén reagrupar arquivos no caso de que o número de documentos a presentar sexa maior que cinco.
Se calquera destas vías de presentación non funcionase e non lles deixase presentar a solicitude das axudas, ou tivesen algunha incidencia ou problema, deben chamar ao seguinte teléfono que nos facilitou o Concello: 900 270 900 (en horario de 8:00 a 20:00 horas de luns a xoves, e de 8:00 a 15:00 horas), ou escribir un correo electrónico á seguinte dirección: reanimalugo@lugo.gal, explicando o problema que tiveron, a incidencia que lles ocorreu, en que fase quedáronse sen poder continuar coa tramitación do expediente, ou se non puideron xa acceder desde o principio. Deberán deixar os seus datos de contacto, para que desde o Concello chámenlles ou se poñan en contacto con vostedes e explíquenlles e guíen na presentación e tramitación do expediente.
Achegamos así mesmo de novo o resumo das bases reguladoras destas axudas, bases que xa foron postas á súa disposición neste mesmo portal na publicación Bases Plan Reanima Lugo – Axudas para paliar os efectos da crise do COVID-19, a fin de que lembren as condicións, requisitos e documentación para a solicitude destas axudas. Ademáis, remitímoslles un documento de preguntas e respostas sobre estas líñas de axuda.
Lembrámoslles que se valorará positivamente para a concesión favorable a orde de entrada das solicitudes, así como a presentación desde un principio da solicitude cuberta correctamente, e con toda a documentación pertinente.
Esperamos que esta información sexa do seu interese.
Atentamente.