Medidas publicadas en BOE 25 de abril, relativas á crise do COVID-19 (incluídas medidas para desprazamentos infantís)


Informamos das medidas publicadas no BOE, de 25 de abril de 2020, en relación á crise do COVID-19.


Orde SND/370/2020, de 25 de abril, sobre as condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da población infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 116 de 25 de abril de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4665.pdf

Segundo o disposto nesta Orde, os menores de 14 anos poderán desprazarse fóra do seu domicilio coas seguintes condicións:

  • Realizar un paseo diario de 1 hora de duración máxima e a unha distancia non superior a 1 km respecto ao domicilio do menor, entre as 9:00 e as 21:00 horas.
  • Non poderán facelo os nenos que presenten síntomas ou estean en illamento por COVID-19, ou en corentena por ter contacto con algún enfermo de COVID-19.
  • O paseo será como máximo en grupos formados por un adulto responsable e ata 3 nenos ou nenas.
  • Durante o paseo debe manterse a distancia de seguridade interpersoal con terceiras persoas de polo menos 2 metros.
  • Poderase circular por vías e espazos de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre respectando o límite máximo de 1 km respecto ao domicilio.
  • Non está permitido o acceso a zonas recreativas infantís ou instalacións deportivas, parques infantís etc.
  • O adulto responsable será aquela persoa maior de idade que conviva en mesmo domicilio co menor ou se trate dun empregado de fogar a cargo do menor.
  • Cando o adulto responsable sexa distinto ao pai, nai, titor, curador, acolledor ou guardador legal ou de feito, deberá contar cunha autorización destes (ex. empregados do fogar ou coidadores dos nenos deberán pasear cos menores con autorización dos pais).

Real Decreto 492/2020, de 24 de abril, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 115 de 25 abril de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4652.pdf

Convén destacar deste RD, que se prorroga o estado de alarma desde as 00:00 horas do día 26 de abril de 2020 (luns), ata as 00:00 horas do día 10 de maio, domingo, e someterase ás mesmas condicións establecidas no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo (BOE 14 marzo de 2020) e a súa modificación publicada mediante Real Decreto 465/2020 do 17 de marzo (BOE 28 marzo de 2020).

Tamén sinalar que este Real Decreto publicado hoxe, día 25 de abril, modifica o artigo 7 do RD 463/2020 do 14 de marzo que quedará redactado como segue:

Durante a vixencia do estado de alarma, as persoas únicamente poderán circular por vías ou espazos públicos para realización das seguintes actividades , que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada:

  • Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de 1ª necesidade, e adquisición de produtos e prestación de servizos segundo o establecido no artigo 10 (actividades comerciais ou de servizos que teñen permitido abrir durante estado de alarma).
  • Asistencia a centros, servizos e establecementos hospitalarios.
  • Desprazamentos ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral ou profesional ou empresarial e retorno a residencia habitual.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamentos a entidades de seguros e financeiras.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra de análoga natureza.
Artigo 7 do RD 463/2020 do 14 de marzo

Os menores de 14 anos poderán acompañar a un adulto responsable do seu coidado cando realice algunha destas actividades previstas, e tamén se permitirá a circulación de vehículos particulares pola vía pública para realizar as actividades descritas ou encher en gasolineiras.

Hai que ter en conta en canto aos desprazamentos dos menores de 14 anos que o disposto neste RD, compleméntase coa Orde publicada no BOE 116, que se achega tamén nesta circular, que se describe no parágrafo seguinte.


Resolución de 23 de abril de 2020, da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, referente aos equipos de protección individual no contexto da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 115 de 25 de abril de 2020)

https://boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4651.pdf


Esperamos que esta información resulte do seu interese.

Atentamente.

Deixa un comentario