Desde a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, fixéronnos chegar á Federación Galega de Comercio a efectos da súa máxima difusión entre as nosas asociacións e asociados do sector, os seguintes documentos que achegamos á presente circular, e que conteñen importantes medidas de prevención, protección da saúde de traballadores e clientes, e boas prácticas para ter en conta e cumprimentar, na reapertura do comercio de proximidade de mañá luns, 4 de maio de 2020.
Ditos documentos consisten en:
- Guía con recomendacións preventivas de saúde laboral ante o COVID-19 no comercio de proximidade.
- Cartel informativo para os comercios, de medidas de prevención e saúde laboral.
- Díptico que resume ditas medidas de prevención e saúde laboral.
Esperamos que esta información complementaria á publicada polo Goberno no BOE de hoxe 3 de maio, a medio da Orde SND/388/2020, e remitida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo, resúltelles de utilidade e facilítelles o tránsito a esa nova fase de reapertura de establecementos comerciais dentro das medidas de flexibilización do estado de alarma aprobadas polo Goberno.
Atentamente.