Medidas publicadas en BOE e DOG 5 de maio, relativas á crise do COVID-19


Informamos das medidas publicadas no BOE e no DOG, de 4 de maio de 2020, en relación á crise do COVID-19.


Resolución do 30 de abril de 2020, da Secretaría Xeral de Administración Dixital, pola que se publica o Convenio entre a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e Telefónica Dixital España, SLU, para a operación da Aplicación ASISTENCIACOVID19 no contexto da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 5 de maio de 2020).

https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/05/pdfs/BOE-A-2020-4829.pdf


Resolución do 2 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se publican os Acordos da Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos, do 28 de abril de 2020, polos que se determinan importes máximos de venda ao público en aplicación do previsto na Orde SND/ 354/2020, do 19 de abril, pola que se establecen medidas excepcionais para garantir o acceso da poboación aos produtos de uso recomendados como medidas hixiénicas para a prevención de contaxios polo COVID-19 (BOE 5 maio de 2020).

https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/05/pdfs/BOE-A-2020-4815.pdf


RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2020 pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación na sede electrónica de reclamacións e denuncias en materia de consumo (códigos de procedemento CO401A e CO401 B) (DOG 5 maio 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200505/AnuncioG0482-270420-0001_gl.pdf


ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia ( Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores a efectos da realización de actividades agrarias. A Orde do 23 de marzo de 2020 (DOG 5 maio de 2020)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200505/AnuncioG0426-040520-0003_gl.pdf


Esperamos que esta información resulte do seu interese.

Atentamente.

Deixa un comentario