Informamos das medidas aprobadas no Concello de Monforte de Lemos, en relación á crise do COVID-19
- Bases reguladoras do PLAN REACTIVA MONFORTE, de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Monforte, para paliar os efectos do COVID 19 (BOP Lugo 13 maio de 2020).
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/13-05-2020.pdf#page=2 - Acordo do Concello de Monforte de Lemos polo que se acorda reducir as taxas por estacionamento de vías públicas de autotaxis e demais vehículos de aluguer, e da taxa por utilización do dominio local no Mercado ou Praza de Abastos e nos seus espazos anexos, nun importe do 95%, redución que terá efectos todo o período de vixencia do estado de alarma, con efectos económicos desde o 14 de marzo de 2020 (BOP Lugo 9 de maio de 2020).
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/09-05-2020_1.pdf#page=2
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.