Medidas publicadas en BOE 15 de maio, relativas á crise do COVID-19


Informamos das medidas publicadas no BOE, de 15 de maio de 2020, en relación á crise do COVID-19.

  • Resolución do 6 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se amplía, de forma extraordinaria pola situación derivada do COVID-19, o prazo de execución das actuacións dos Programas de Cooperación Territorial de Avaliación e acreditación das competencias profesionais, de Calidade da Formación Profesional do Sistema Educativo, de Formación Profesional Dual, e de Formación, perfeccionamento e mobilidade do profesorado; cuxos criterios de distribución ás Comunidades Autónomas para o seu financiamento formalízanse por Acordos do Consello de Ministros do 22 de novembro de 2019 (BOE 15 de maio de 2020).
    https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/15/pdfs/BOE-A-2020-5073.pdf
  • Orde INT/409/2020, do 14 de maio, pola que se prorrogan os criterios para a aplicación dunha restrición temporal de viaxes non imprescindibles desde terceiros países á Unión Europea e países asociados Schengen por razóns de orde pública e saúde pública con motivo da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 15 de maio de 2020).
    https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/15/pdfs/BOE-A-2020-5053.pdf

Esperamos que esta información lles resulte de interese.

Atentamente.

Deixa un comentario