Modificación das medidas aplicables aos territorrios que entran en FASE II da desescalada a partir do 25 de maio


Publicamos a Orde SND/440/2020, do 23 de maio, pola que se modifican diversas ordes para unha mellor xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en aplicación do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (BOE 23 de maio de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/05/23/pdfs/BOE-A-2020-5265.pdf

Achégase resumo orientivo sobre as novas medidas de flexibilización adoptadas pola Orde antedita, a fin dunha mellor comprensión da mesma, e como guía orientativa para a súa aplicación e cumprimento. Galicia é un dos territorios que entra en FASE II desde o 25 de maio de 2020, e por tanto resultaralle de aplicación o disposto na Orde SND/414/2020 do 16 de maio de flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da FASE II do plan de transición cara a unha nova normalidade, orde que ata a data de hoxe aplicábase só a illas de Formentera, Hierro, a Graciosa e Gomera, e que agora se aplica a todos os territorios que pasan a partir do 25 de maio á FASE II, incluída toda a C.A. de Galicia, á cal por tanto aplicaráselle o réxime establecido na devandita Orde do 16 de maio de 2020, xunto coas modificacións da mesma que establece no seu artigo 5º a presente Orde que achegamos agora do 23 de maio de 2020. No resumo adxunto inclúense todas as medidas aplicables nesta nova FASE II ao territorio de Galicia.

Achegamos tamén un resumo máis reducido, referido só ás medidas concretas aplicables ao comercio comerciante polo miúdo durante esta nova Fase II na que entra Galicia a partir do 25 de maio, aínda que recomendamos a lectura tamén do resumo máis completo, debido a que hai medidas xerais que se aplican a toda a poboación e son de interese para todos.


Publicamos a Orde SND/439/2020, do 23 de maio, pola que se prorrogan os controis nas fronteiras interiores terrestres, aéreas e marítimas con motivo da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 23 maio de 2020).

https://boe.es/boe/dias/2020/05/23/pdfs/BOE-A-2020-5264.pdf


Esperamos que esta información lles resulte de utilidade.

Atentamente.

Deixa un comentario