RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ( Cecop), do 30 de maio de 2020 (DOG 1 de Xuño de 2020).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200601/AnuncioG0244-300520-1_gl.pdf
Convén destacar dos acordos aprobados a través desta Resolución, o seguinte:
Acordo para a ampliación de aforo para o consumo no local en establecementos de hostalería e restauración do 40 % ao 50 % a partir do 1 de xuño.
Este acordo adóptase en base ao disposto na Orde do 23 de maio de 2020, pola cal se engade un novo apartado 6 ao artigo 18 da Orde do 16 de maio de 2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Neste novo apartado 6 faise unha habilitación expresa para que as comunidades autónomas, no seu respectivo ámbito territorial, poidan modificar o aforo previsto tanto no número 1 do citado artigo 18 (un máximo do 40 % para a reapertura de establecementos de hostalería e restauración para consumo no local), pero sempre dentro dunhas porcentaxes non inferiores ao 30 % nin superiores ao 50 %.
En base á devandita habilitación do Goberno central, e a proposta da Consellería de Cultura e Turismo, adóptase o seguinte Acordo: No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o límite de aforo dos establecementos de hostalería e restauración para consumo no local será do cincuenta por cento, de acordo co establecido no ap. 6 do artigo 18 da Orde SND/414/2020, do 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Este acordo entrará en vigor o luns 1 de xuño.
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.