- A reapertura do comercio ten unha rede de seguridade
- A Xunta informa sobre medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, reforzar a limpeza

A Consellería de Economía a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, distribúe material específico con recomendacións preventivas.
A reapertura do comercio ten unha rede de seguridade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( Issga), elaborou e distribuíu entre diferentes sectores produtivos material específico con consellos para a prevención ante o coronavirus.
A documentación consensuada co sector recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar as persoas sensibles, non acudir en caso de febre ou sintomas respiratorios ou facer desprazamentos; preferentemente de maneira individual. Tamén se incide na distancia de seguridade, que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público e controlar o aforo respectando as limitacións de capacidade, organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente para maiores de 65 anos.

Normas básicas a ter en conta
En canto á hixiene e limpeza, faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir vías respiratorias cun pano refugable ao toser ou esbirrar, protexer os produtos para evitar a súa contaminación mediante medidas de barreira como pantallas ou vitrinas; así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente, tales como mostradores e probadores.
Tamén recomenda ventilar frecuentemente, protexer o producto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e o uso de máscara hixiénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio, obrigatoria cando non se poida manter a distancia de seguridade de dous metros.

Medidas organizativas
Ademais, recóllense medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, reforzar a limpeza e desinfección de probadores, e fomentar o pago por medios electrónicos (tarxeta ou móbil), así como o comercio en liña. Desta forma, impulsarase o servizo de entrega a domicilio extremando as precaucións, e se non é posible, estará habilitado o servizo de recollida en tenda en zonas específicas para evitar aglomeracións.
Por outro lado, o Gobierno galego insiste tamén na importacia de utilizar material de limpeza recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.
Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, estanse a enviar elementos informativos para colocar nos mostradores dos establecementos que levarán consellos da Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Fonte: elEconomista