Concello de Verín: Anuncio de cobranza en período voluntario de taxas de auga, lixo e saneamento (BOP Ourense, 5 de xuño de 2020)


Publicamos o anuncio de cobranza dos seguintes conceptos no Concello de Verín:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=128&fecha=20200605


Taxas por abastecemento de augas, rede de sumidoiros e canon de saneamento da Xunta de Galicia.

Comunicarase aos contribuíntes e suxeitos pasivos afectados polos conceptos sinalados, que queda aberto o período voluntario de cobranza nos seguintes termos:

  • Período ao que corresponden: primeiro trimestre do 2020.
  • Iniciación: 05/06/2020 – Terminación: 05/10/2020 (Ambas as datas incluidas).
  • Lugar para efectuar o pago: Rúa Canella Cega, 41 – baixo (Verín).
  • Días e horas de pago: de luns a venres, de 9:00h a 13:30h.
  • O vencemento do prazo do ingreso en período voluntario sen satisfacer a débeda, determinará o inicio do período executivo e a petición de intereses de demora e recargas correspondentes.

Taxa de recollida de lixo e Taxa de depuración de augas residuais.

Comunicarase aos contribuíntes e suxeitos pasivos afectados polos conceptos sinalados, que queda aberto o período voluntario de cobranza nos seguintes termos:

  • Período ao que corresponden: 1º trimestre do 2020.
  • Iniciación: 05/06/2020 – Terminación: 05/08/2020 (ambas as datas incluidas).
  • Lugar para efectuar o pago: Servizo de Recadación da Mancomunidade de Verín, situado na rúa Espido, 17-1º (edificio Estación Autobuses), teléfono 988 413 547.
  • Días e horas de pago: de luns a venres de 9:00h a 14:00h.
  • O vencemento do prazo do ingreso en período voluntario sen satisfacer a débeda, determinará o inicio do período executivo e a petición de intereses de demora e recargas correspondentes.

Esperamos que esta información lles resulte de interese.

Atentamente.

Deixa un comentario