Achegamos DECRETO 90/2020, do 13 de xuño, polo que se declara a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, aprobado mediante o Acordo do Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 e, por tanto, a entrada na nova normalidade, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020 -luns-. (publicado esta tarde, en DOG de 13 xuño de 2020-115 bis-).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200613/2335/AnuncioC3B0-130620-1_gl.pdf
Convén destacar que a medio do presente DECRETO, declárase a superación na Comunidade Autónoma de Galicia, como unidade territorial, da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado mediante o Acordo do Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 e, por tanto, a entrada na nova normalidade, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.
Así, a partir das 00.00 horas do día 15 de xuño, coa superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, quedarán sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma adoptadas polo Goberno do Estado e polas súas autoridades competentes delegadas na unidade territorial formada pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Con todo, debemos ter en conta a subsistencia dunha situación de crise sanitaria polo COVID 19. Para estes efectos, manterase a declaración de situación de emerxencia sanitaria efectuada polo Acordo do @Consello de la Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020. En particular, será aplicable o disposto no Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Así mesmo, serán aplicables, desde as 00.00 horas do día 15 de xuño, as medidas de prevención recollidas no Acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado no Diario Oficial de Galicia número 115, do 13 de xuño de 2020, pola Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, e que lles foi previamente remitido por circular e publicado en Facebook, xunto co resumo orientativo de medidas aplicables a esta fase de “nova normalidade en Galicia”, que como dicimos, entran en vigor e son aplicables a partir deste luns 15 de xuño de 2020.
Esperamos que esta información lles resulte de interese.
Atentamente.