A Federación de Comercio di que as rebaixas son “peor do esperado”

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, afirmou que as vendas nestas rebaixas de inverno, que “antigamente” marcaban unha das mellores épocas de vendas de todo o ano, están a ser incluso “peor do esperado”, porque apenas tiveron repercusión na actividade “normal” das tendas.

En declaracións a EFE, Seijas asegurou que a campaña “está a ser peor do que se esperaba” e, aínda que houbo “afluencia de público nos comercios o primeiro e o segundo día”, nas demais semanas a actividade “foi mal”.

Nos comercios, asegurou, rexistrouse “a venda normal” de calquera “época do ano”, sen demasiada incidencia da campaña de rebaixas na súa conta de resultados.

Nesa situación inflúe, na súa opinión, a crise económica e sanitaria, pero tamén o feito de que agora “hai rebaixas e descontos durante todo o ano”, de modo que xa “non teñen a mesma influencia que antigamente”.

A falta de cifras concretas, Seijas asegurou que a campaña de rebaixas de inverno de 2022 “menor non foi” que a do pasado ano.

Fonte: Noticias Galicia

Deixa un comentario