Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 serán as seguintes:

  • 6 de xaneiro Epifanía do Señor (Día de Reis)
  • 6 de abril Xoves Santo
  • 7 de abril Venres Santo
  • 1 de maio Festa do Traballo
  • 17 de maio Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto Asunción da Virxe
  • 12 de outubro Festa Nacional de España
  • 1 de novembro Todos os Santos
  • 6 de decembro Día da Constitución Española
  • 8 de decembro Inmaculada Concepción
  • 25 de decembro Natividade do Señor

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220805/AnuncioG0656-010822-0001_gl.pdf

Deixa un comentario