Monforte de Lemos: Axudas á creación de empresas

De conformidade coo previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/656802)

OBXECTO E FINALIDADE DA CONVOCATORIA

Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar a concesión, para o ano 2022 do PROGRAMA DE FOMENTO DA INICIATIVA EMPRESARIAL NO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

BENEFICIARIAS

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022. Entenderase por inicio de actividade o alta no IAE.Para o carácter de PEME terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea.

BASES REGULADORAS

Poden consultarse as bases reguladoras da presente convocatoria na seguinte dirección: www.monfortedelemos.es na sección de SUBVENCIÓNS. As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes #de acordo con os modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, nos servizos sociais comunitarios ou na web www.monfortedelemos.es.

CONTÍA

Para a financiación destas axudas destínase un crédito de 30.000,00 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (10 de novembro de 2022) e ata o 30 de novembro de 2022.

https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/10-11-2022_2.pdf#page=10

Deixa un comentario