IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño – Convocatoria para o ano 2023

Beneficiarias

Poderán cursar candidatura aos Premios Galicia de Innovación e Deseño as persoas físicas con plena capacidade de obrar nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade. En ambos os casos, en función da modalidade a que concorran, deberán posuír as seguintes características:

a) Premios Galicia de Innovación

Premiarán a persoas, empresas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor da innovación empresarial.

  • Modalidade «Traxectoria innovadora»: persoas físicas cunha traxectoria de polo menos dez anos na cal a innovación fose unha das súas características relevantes.
  • Modalidade «Grande empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
  • Modalidade «Pequena e mediana empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.

b) Premios Galicia de Deseño

Premiarán a persoas, empresas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do deseño.

  • Modalidade «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou empresas) cunha traxectoria de polo menos cinco anos de recoñecido prestixio no sector.
  • Modalidade «Empresa»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
  • Modalidade «Talento emerxente»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non supere os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Obxecto

A finalidade dos premios é recoñecer o labor de persoas e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con isto altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos como nacionais e internacionais.

Así mesmo, trátase de recoñecer os profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e á súa internacionalización e as empresas que, ao incorporáreno á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade empresarial.

Bases reguladoras

Poden consultarse na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230712/AnuncioG0198-230623-0001_gl.pdf

Contía

Todos os premios disporán dunha dotación económica de 15.000 €, menos nos casos relativos ao Premio Galego de Innovación «Grande empresa» e ao Premio Galego de Deseño «Empresa», que terán un carácter estritamente honorífico.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 13 de xullo ata o 2 de outubro de 2023, ambos os dous incluidos.

Ligazóns a bases e extracto

Deixa un comentario