Axudas para fomentar a prevención de riscos laborais 2024

Beneficiarias

Liña 1:

As asociacións sindicais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións empresariais intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Liña 2:

  • a) As asociacións empresariais galegas sectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
  • b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
  • c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
  • d) Asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 da concesión de subvencións, pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (código de procedemento TR852A).

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas desta orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-090124-0001_gl.pdf

Importe

Estas axudas distribúense en dúas liñas:

  • a) Liña 1. Formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial. Esta liña ten un orzamento de 1.000.000 euros.
  • b) Liña 2. Formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial. Esta liña ten un orzamento de 655.103 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día 30 de xaneiro de 2024.

Ligazóns de interese

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-090124-0001_gl.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-090124-0002_gl.pdf

Deixa un comentario