Axudas á transformación dixital das PEMES 2024

Persoas beneficiarias

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), de calquera sector de actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito regulamento, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240425/AnuncioO92-170424-0001_gl.html

Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e polos seguintes importes e distribución plurianual:

  • Proxectos tipo 1 (<50.000 €): 50.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.450.000 € con cargo ao ano 2025.
  • Proxectos tipo 2 (entre 50.000 e 120.000 €): 25.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.475.000 € con cargo ao ano 2025.
  • Proxectos tipo 3 (>120.000 €): 25.000 € con cargo ao ano 2024 e 1.975.000 € con cargo ao ano 2025.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 26 de abril de 2024 e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario