Bonos Activa Comercio 2025 – Convocatoria 1ª edición

ORDE do 19 de maio de 2025 pola que se convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Toda a información se atopa dispoñible na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

O obxecto é a convocatoria da primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Bases reguladoras

As bases reguladoras son as aprobadas pola Orde do 30 de abril de 2025. Poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html

Importe

Para a concesión destas axudas destinaranse 2.500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Data de descarga dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de xuño de 2025, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario