Toda a información atópase dispoñible na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251104/AnuncioG0767-101025-0007_gl.html
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
O obxecto é a convocatoria da segunda edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidad Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Bases reguladoras
As bases reguladoras son as aprobadas pola Orde de 30 de abril de 2025. Poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html
Importe
1. Para a concesión destas axudas destinaranse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
2. O orzamento poderase incrementar en función da evolución do programa bonos Activa comercio, co obxecto de aumentar o número de persoas beneficiarias e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
Data de descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 5 de novembro de 2025, as 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000 €.
Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderase modificar a antedita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do cal se dará a oportuna publicidade.