Rede de mercados excelentes de Galicia e dinamización e revitalización das prazas de abastos – 2026

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se regula o procedemento para a obtención e renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

b) As federacións de asociacións de prazas de abastos e mercados, asociacións de vendedores das prazas de abastos e mercados e outras asociacións, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos. A estes efectos contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.

No caso das outras asociacións, só poderán ser beneficiarias no caso de que non exista unha asociación de vendedores da praza de abastos para que se solicita a axuda e sempre que conten entre os seus asociados, como mínimo, co 50 % dos/das praceiros/as da dita praza.

As federacións e as asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

c) As cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

A concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados de Galicia.

Bases reguladoras

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260127/AnuncioG0767-050126-0003_gl.html

Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 2.285.000,00 € que será imputado da seguinte forma:

a) Concellos:

Destinarase un crédito total de 2.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.761.10 e código de proxecto 2026 00053, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026 e 2027, de acordo coa seguinte distribución

AnualidadeImporte
20261.000.000,00 €
20271.000.000,00 €
Total2.000.000,00 €

b) Federacións, asociacións de prazas de abastos e mercados e cooperativas de vendedores/as de prazas de abastos:

Destinarase un crédito total de 285.000,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.481.10 e 14.06.751A.470.10, e código de proxecto 2026 00053 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, do seguinte xeito:

EntidadeAplicaciónImporte
Federacións de asociacións de prazas de abastos e mercados14.06.751A.481.1040.000,00 €
Asociacións de prazas de abastos e mercados222.600,00 €
Outras asociacións
Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos14.06.751A.470.1022.400,00 €

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde as 9.00 horas do día 2 de febreiro de 2026.

O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario