Bonos Activa Comercio 2026 – Convocatoria 1ª edición

Orde do 6 de maio de 2026 pola que se convoca a primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Toda a información atópase dispoñible na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260526/AnuncioG0767-070526-0001_gl.html

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

O obxecto é a convocatoria da primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Bases reguladoras

As bases reguladoras son as aprobadas pola Orden de 6 de maio do 2026. Poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260526/AnuncioG0767-070526-0001_gl.html

Importe

Para a concesión destas axudas destinaranse 2.501.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 de acordo coa seguinte distribución:

ActuaciónImporte
Programa bonos Activa comercio2.500.000,00 €
Sorteo bonos Activa comercio1.000,00 €

Data de descarga dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderase modificar a dita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do que se dará a oportuna publicidade.

Ligazóns de interese

Deixa un comentario