Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos de transformación dixital orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que proporcionen soporte aos procesos dunha empresa, ás súas relacións comerciais e operativas con terceiros e á súa interconexión dixital na cadea de valor, así como proxectos de intercambio automatizado de datos entre unha empresa galega e outras empresas.
Bases reguladoras
Poden consultarse na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260610/AnuncioO92-220526-0001_gl.html
Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria teñen a seguinte distribución plurianual:
- Proxectos tipo 1 (< 50.000 €): 720.000,00 € ano 2026 e 180.000,00 € ano 2027.
- Proxectos tipo 2 (entre 50.000 € y 120.000 €): 720.000,00 € ano 2026 e 180.000,00 € ano 2027.
- Proxectos tipo 3 (> 120.000,00 €): 960.000,00 ano 2026 e 240.000,00 € ano 2027.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo.