Mellora de competencias dixitais e técnico-profesionais para empregados e xerentes de CCA de Galicia

Hoxe máis que nunca resulta de vital importancia ofrecerlle formación aos empregados e xerentes dos Centros Comerciais Abertos, co fin de que poidan dinamizar as vendas dos seus asociados e construír así un sector máis competitivo, innovador e activo.

Esta iniciativa busca reforzar e revitalizar os Centros Comerciais Abertos de Galicia, impulsando o progreso dos seus asociados e dinamizando a súa actividade de venda a través dun programa enfocado á formación dos xerentes e do persoal contratado nestes espazos.

Obxectivo

A promoción, o fomento, a modernización e o desenvolvemento dos Centros Comerciais Abertos a través da mellora das competencias técnico-profesionais dos seus xerentes/persoal.

Destinatarios

Xerentes ou persoal dinamizador dos Centros Comerciais Abertos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación plantexada

Curso online en modalidade aula virtual: “Dixitalización, vendas e Promoción en Espazos Comerciais”.


A formación desenvolveuse do seguinte xeito:

  • Aula Virtual síncrona con trazabilidade. Cada xerente dinamizador tivo o seu propio usuario e contrasinal.
  • 50 horas de duración.
  • 8 módulos de estudo repartidos entre novembro e decembro de 2022 e xaneiro e febreiro de 2023.

UD 1: Fontes de Financiamento e búsqueda de recursos (4 horas)

  1. Análise das fontes de financiamento dun CCA. Opcións de financiamento dentro do marco regulatorio das asociación sen ánimo de lucro.
  2. Porcentaxe de axudas públicas: marxe de risco.
  3. Colaboracións, convenios e patrocinios.
  4. Autofinanciamento total, ¿realidade ou utopía?

UD2: Funcionamento interno dun CCA (4 horas)

  1. Como orientar á asociación ao asociado, aos clientes e crear valor de mercado.
  2. Xestión de campañas e proxectos.
  3. Creación de campañas de fidelización e dinamización.
  4. Incorporación de novas liñas de traballo aos CCAs.

UD3: O entorno legal e a perspectiva ética dos CCAs (6 horas)

  1. Principais aspectos legáis que debe ter en conta un CCA.
  2. Réxime fiscal e financeiro que afecta ás Asociacións de comerciantes.
  3. Conceptos sobre contabilidade adaptada a entidades sen ánimo de lucro.
  4. Economía circular no entorno asociativo.
  5. Claves para elixir o futuro no comercio local. Nova economía e novas finanzas dirixidas a entidades.

UD4: Estratexia de comunicación (6 horas)

  1. Canles de comunicación dun CCA.
  2. ¿Comunicación autónoma ou delegada?
  3. Habilidades de comunicación, directivas e de liderazgo: aprendendo a falar en público.

UD5: Distribución, elementos e organización dun espazo comercial (6 horas)

  1. Definición dun espazo comercial.
  2. Comportamentos e hábitos da persoa consumidora.
    • Tipos de clientela.
    • Determinantes internos e externos da clientela.
    • Proceso de decisión de compra.
    • Segmentación de mercados e especialización dos establecementos comerciais.
    • Atención á clientela.
  3. Estratexias de distribución.
  4. Técnicas de merchandising.
  5. Deseño das accións promocionais no punto de venda
  6. Creación de imaxe de marca.
  7. Ferramentas informáticas para a creación e edición de elementos promocionais.
  8. Normativa aplicable aos espazos comerciais.
  9. Casos de éxito de distribución e organización de espazos comerciais.

UD6: Técnicas de venda (6 horas)

  1. Obxectivos de venda.
  2. Estratexias comerciais.
  3. Técnicas de venda.
  4. Habilidades de liderado.
  5. Novas oportunidades de negocio que contribúan a optimizar as vendas.
  6. Recursos materiais e humanos.
  7. Plans de formación, perfeccionamento e reciclaxe do persoal.
  8. Deseño dun sistema de motivación e retribución do persoal.
  9. Avaliación e control dos resultados de vendas e actuación do persoal.

UD7: Marketing dixital e comercio electrónico (10 horas)

  1. Comunicación dixital.
  2. Marketing dixital.
    • Páxina web.
    • SEO.
    • E-mail marketing.
    • CMS.
    • CRM.
  3. Comercio electrónico.
    • Deseño e desenvolvemento dunha tenda virtual.
    • Ferramentas para a creación dunha tenda virtual.
  4. Facturación electrónica.
  5. Protocolos de seguridade.
  6. Normativa aplicable ao comercio electrónico e o marketing dixital.
  7. Casos de éxito de marketing dixital e comercio electrónico.
  8. Marketplaces existentes e idoneidade de cada un dos mesmos para o comercio polo miúdo.

UD8: Marketing e publicidade en redes sociais (8 horas)

  1. Social media marketing
    • Canles e medios dixitais para comunicar cos clientes e asociados.
    • Social media optimization: como gañar alcance e crear unha comunidade.
    • Análise de uso das principais redes sociais.
    • Redes sociais
  2. Social Ads (Publicidade en redes sociais).
    • Plataformas implicadas
    • SEM – publicidade pagada en redes.
    • Crear anuncios en Facebook, Twitter, Linkedin e Instagram.
    • Estatísticas, Tips e claves.

UD1: Fontes de financiamento e búsqueda de recursos

  • Antonio José Collazo Villar – Economista e Formador de Finanzas

UD2: Funcionamento interno dun CCA

  • Ana Rumbao Serrano – Formadora experta no área de Comercio e Vendas.

UD3: O entorno legal e a perspectiva ética dos CCAs

  • Marcos Menéndez Fernández – Expero en Fiscalidade.

UD4: Estratexia de comunicación

  • Mireia Suárez Quinteiro – Consultora de Comunicación en Misuqui.

UD5: Distribución, elementos e organización dun espazo comercial.

  • Iria Álvarez Regueira – Consultora comercial e especialista en Marketing, directora do Clube de Marketing Global.

UD6: Técnicas de venda

  • Alexandre Hermida Mondelo – Consultor de vendas, autor do manual “Técnicas de Venda”.

UD7: Marketing dixital e comercio electrónico.

  • Noelia Rivas Ridruejo – Consultora de ecommerce e marketing dixital, directora da axencia SEOSVE.

UD8: Marketing e publicidade en redes sociais

  • Sara Fernández Serrano – Consultora de Marketing, especialista en redes sociais, CEO en Nortecreando.