Concello de Viveiro: Cancelación pago IVTM 2020.


Con data 22 de marzo do 2020, por Resolución de Alcaldía do Concello de Viveiro, procédese a suspender o prazo establecido no decreto da alcaldía de data 11 de marzo de 2020 para o pago en período voluntario do IVTM 2020 (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica). O novo período de pago voluntario establecerase mediante resolución unha vez rematado o estado de alarma, procedéndose á súa publicación (BOP Lugo, 1 de abril de 2020).

http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/01-04-2020.pdf#page=1

Deixa un comentario