RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 30 de marzo de 2020, da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia,do 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
Compre destacar o apartado décimo deste acordo, segundo o cal a Consellería de Economía e Industria, procedeu a comunicar ao CECOP, a necesidade de modificar as bases reguladoras do Marco de Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración co IGAPE, e publicadas no DOG de 11 de Febreiro de 2020 (Resolución de 7 de Febreiro de 2020). A consellería xustifica esta necesidadade pola situación provocada pola pandemia do COVID-19, polo que considera necesaria a creación dunha liña de crédito específica, para que os autónomos e PEMES accedan ao crédito nunhas condicións preferentes que lles permitan pagar salarios, facturas, alugamentos, impostos, etc., e por outra tamén considera necesario movilizar unha liña de avais para a cobertura das operacións concedidas polas entidades financieiras e conceder reavais ás sociedades de garantía recíproca que as avalan. Esta liña estaría orientada á obtención de liquidez inmediata por parte dos autónomos e PEMES. Dentro da liña, que permitirá mobilizar 250.000 millóns de euros, habilitarase un primeiro tramo de operacións avaladas por importe de 100.000 millóns. Neste caso, a suspensión de prazos administrativos non afectará pola urxencia da situación, e polo tanto cando se modifiquen as base referidas e se establezan uns prazos para solicitar os créditos, ditos prazos estarán en vigor e non en suspenso.
En canto saia publicado no DOG o acordo de modificación das referidas bases do IGAPE, coas novas condicións e a liña de créditos e avais proposta pola Consellería no seu caso, remitirémolo por circular de inmediato e publicarémolo nesta web para que estén informados por se queren solicitar ditos créditos ante o IGAPE.
Atentamente.