Publicamos a Orde SND/310/2020, de 31 de marzo, pola que se establecen como servizos esenciais determinados centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE 1 de abril de 2020).
Destacar no contexto de dita Orde, que as persoas traballadoras dos centros, servizos e establecementos sanitarios que non figuren no anexo da misma como centros, servizos ou establecementos esenciais, disfrutarán a partir da entrada en vigor da presente orde (1 abril de 2020 ao 9 de abril de 2020) do permiso retribuido recuperable de carácter obrigatorio recollido no Real Decreto Ley 10/2020 de 29 de marzo, sempre e cando cumpran todos os requisitos establecidos en dito decreto ley.
Os centros e establecementos que se consideran esenciais segundo a presente orde son os seguintes:
- Establecementos sanitarios:
- Oficiñas de farmacia.
- Botiquíns.
- Ópticas.
- Ortopedias.
- Establecementos de audioprótesis.
- Hospitais (centros con internamento).
- Proveedores de asistencia sanitaria sen internamento encadrados nalgunha das seguintes tipoloxías:
- Consultas médicas.
- Consultas doutros profesionais sanitarios.
- Centros de atención primaria.
- Centros polivalentes.
- Centros especializados co seguinte detalle:
- Clínicas dentais: ante situacións de urxencia.
- Centros de reproducción humana asistida: únicamente ante procesos programados ou xa comezados.
- Centros de interrupción voluntaria do embarazo.
- Centros de cirurxía maior ambulatoria: ante situacións de urxencia.
- Centros de diálise.
- Centros de diagnóstico.
- Centros móbiles de asistencia sanitaria: deben ser considerados como esenciais sempre que o centro sexa considerado como servizo esencial por parte da autoridade sanitaria da comunidade autónoma no que estean situados .
- Centros de transfusión.
- Bancos de texidos.
- Centros de recoñecemento.
- Centros de saúde mental.
- Outros centros especializados: deben ser considerados como esenciais sempre que o centro sexa considerado como servizo esencial por parte da autoridade sanitaria da comunidade autónoma no que estean situados.
- Servizos sanitarios integrados nunha organización non sanitaria: deben ser considerados como esenciais sempre que o servizo sitúese nunha organización considerada como esencial ou sexan considerados como esenciais por parte da autoridade sanitaria da comunidade autónoma no que estean situados.
Esperamos que esta información lles resulte de axuda.
Atentamente.