Medidas aprobadas BOE 11 abril – COVID19


Medidas aprobadas en el BOE de 11 de abril de 2020 en relación á crise derivada do COVID-19:


Real Decreto 487/2020, de 10 de abril, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 11 abril de 2020).

Destacar que segundo este Real Decreto, prorrógase o estado de alarma ata as 00:00h do 26 de abril de 2020, e que se someterá ás mesmas condicións establecidas no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo modificado polo Real Decreto 465/2020 do 17 de marzo, e polo Real Decreto 476/2020 do 27 de marzo. Isto é, que unha vez finalizado o permiso retribuído establecido ata o 9 de abril de 2020 para traballadores por conta allea de actividades non esenciais, e salvo publicación dalgunha aclaración, modificación ou medida a maiores respecto a as contidas nos devanditos decretos, que se notificará a todos de inmediato, rexerá de novo a partir desta prórroga do estado de alarma, o disposto no decreto 463/2020 do 14 de marzo (BOE 14 de marzo) modificado polo decreto 465/2020 do 17 de marzo (BOE 18 de marzo), para os efectos das medidas de limitación de circulación de persoas pola vía pública, e en canto aos comercios ou actividades empresariais que teñen permitida a súa apertura e aquelas que non poden abrir, así como o resto de medidas en contidas nos mesmos.


Orde INT/335/2020, de 10 de abril, pola que se prorrogan os controis nas fronteiras interiores terrestres restablecidos con motivo da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 11 de abril de 2020).

Segundo a Orde antedita, prorróganse os controis restablecidos temporalmente nas fronteiras interiores terrestres desde as 00:00 horas do 12 de abril de 2020 ata as 00:00 horas do 26 de abril de 2020. Só se permitirá a entrada no territorio nacional por vía terrestre ás seguintes persoas:

  • Cidadáns españois.
  • Residentes en España.
  • Residentes en outros Estados membros ou Estados asociados Schengen que se dirixan ao seu lugar de residencia.
  • Traballadores transfronterizos.
  • Profesionais sanitarios ou do coidado de maiores que se dirixan a exercer a súa actividade laboral.
  • Aquelas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade.

Queda exceptuado destas restricións o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas, oficinas consulares e organismos internacionais sitos en España, sempre que se trate de desprazamentos vinculados ao desempeño das súas funcións oficiais. Co fin de asegurar a continuidade da actividade económica e de preservar a cadea de abastecemento, estas medidas non son aplicables ao transporte de mercadorías.


Resolución de 10 de abril de 2020, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 10 de abril de 2020, polo que se instrúe ao Instituto de Crédito Oficial a poñer en marcha o segundo tramo da liña de avais aprobada polo Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, e se establece que os seus beneficiarios sexan as pequenas e medianas empresas e autónomos afectados polas consecuencias económicas do COVID-19 (BOE 11 abril de 2020).


Orde TMA/336/2020, de 9 de abril, pola que se incorpora, sustitúe e modifican sendos programas de axuda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, en cumprimento do disposto nos artigos 10, 11 y 12 do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 (BOE 11 abril de 2020).


Achéganse así mesmo resumos orientativos das liñas de axudas para PEMES e autónomos publicadas hoxe: tanto da posta en marcha do 2º tramo de avais do ICO, como das axuda a vivenda, por se lles serve de axuda para a mellor comprensión ou tramitación das mesmas en caso de estar interesados.

Atentamente.

Deixa un comentario