Para os efectos da solicitude das axudas do Plan Reanima Lugo que se convocaron e publicado neste portal no día de hoxe, martes 14 de abril (Convocatoria Plan Reanima Lugo: Ayudas a autónomos, PYMES y familias para paliar la crisis del COVID-19), e cuxo prazo para solicitalas comeza mañá, mércores día 15 de abril, segundo indicacións do Concello de Lugo, achegamos o Formulario para solicitar o certificado de empadroamento, que deberá remitirse cuberto e asinado, tal e como indica no propio documento, á seguinte dirección de correo electrónico: padron@concellodelugo.org.
O seguinte paso é que recibirá vostede unha videochamada, na cal lle pedirán que mostre o DNI de todas as persoas empadroadas no seu domicilio no seu caso, e tamén o libro de familia en caso de menores. Posteriormente, seralle remitido o certificado de empadroamento solicitado, a fin de que poida presentalo xunto co resto de documentación que requiren as bases desta convocatoria de axudas.
Os certificados de non ter débedas con Axencias Estatal Tributaria e Seguridade Social, así como o Informe de vida laboral actualizado, ou o Certificado da situación censual na Axencia Tributaria, se se poderán sacar telemáticamente utilizando o certificado dixital nas páxinas web correspondentes dos devanditos organismos.
Pode consultar os enlaces nos cales obter toda a documentación de organismos públicos a presentar para o plan Reanima Lugo na seguinte publicación deste portal: Ligazóns con documentación de organismos públicos a presentar para o plan Reanima Lugo.
Esperamos que esta información resulte de interese aos efectos oportunos.
Atentamente.