Orde 13 de abril 2020 – Creación canle alternativo venda de produtos agrogandeiros en estado de alarma Descargar
Informamos das medidas publicadas no BOE e no DOG, de 14 de abril de 2020, en relación á crise do COVID-19.
- Orde SND/344/2020, de 13 de abril, pola que se establecen medidas excepcionais para o reforzo do Sistema Nacional de Saúde e a contención da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE 14 abril de 2020).
- Orde de 13 de abril de 2020 pola que se crea unha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade, con motivo da suspensión de actividades comerciais derivadas da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria derivada do COVID-19 (DOG 14 abril de 2020).
Esperamos que esta información resulte do seu interese.
Atentamente.