Plan Reanima Lugo: Nova ligazón para presentación telemática de solicitudes, e información extra.


Informámoslles que existe unha nova ligazón para a tramitación telemática dos expedientes de solicitude das axudas do plan Reanima Lugo: https://www.lugo.gal/portal/tramites/X100. A través de dita ligazón, e utilizando un certificado dixital, poderase cubrir online o formulario de solicitude, anexando toda a documentación que se pide nas bases da convocatoria para cada liña de subvencións respectivamente, para posteriormente asinar dixitalmente a solicitude e presentala.

Outra das vías que segue habilitada para presenta ditas solicitudes é a través do sistema de intercambio rexistral dispoñible a través da ligazón https://rec.redsara.es/registro/, a través do cal deberán identificarse co seu certificado dixital, e seguir o seguinte proceso:

  • Cubrir o formulario que se abrirá cos seus datos.
  • No recadro onde pon “SOLICITA”, deberán poñer o texto “Axudas Covid-19. Servizo de Desenvolvemento local“.
  • Achegar cuberto, asinado e escaneado, o anexo de solicitude normalizado publicado na páxina do concello (bases e anexo normalizado dispoñibles na seguinte ligazón: concellodelugo.gal/gl/tramites/bases-e-anexos-do-plan-reanima-lugo).
  • Achegar tamén escaneada a restante documentación que requiren as bases segundo solicítese a Liña 1 ou a Liña 2.

Nesta segunda vía de rexistro convén advertir que non admite presentar máis de 5 documentos, por tanto, ao escanear a documentación que é necesario presentar, convén reagrupar arquivos no caso de que o número de documentos a presentar sexa maior que cinco.

Se calquera destas vías de presentación non funcionase e non lles deixase presentar a solicitude das axudas, ou tivesen algunha incidencia ou problema, deben chamar ao seguinte teléfono que nos facilitou o Concello: 900 270 900 (en horario de 8:00 a 20:00 horas de luns a xoves, e de 8:00 a 15:00 horas), ou escribir un correo electrónico á seguinte dirección: reanimalugo@lugo.gal, explicando o problema que tiveron, a incidencia que lles ocorreu, en que fase quedáronse sen poder continuar coa tramitación do expediente, ou se non puideron xa acceder desde o principio. Deberán deixar os seus datos de contacto, para que desde o Concello chámenlles ou se poñan en contacto con vostedes e explíquenlles e guíen na presentación e tramitación do expediente.

Adxuntamos un documento de Preguntas e respostas acerca das ayudas do Plan Reanima Lugo, que poden descargar no cadro mostrado ao comezo desta publicación. Recordámoslles que dispoñen de información detallada acerca da convocatoria do Plan Reanima Lugo neste mesmo portal, na publicación Convocatoria Plan Reanima Lugo: Axudas a autónomos, PEMES e familias para paliar a crise do COVID-19.

Esperamos que esta información resúltelles útil, seguiremos informando de calquera incidencia, cuestión ou novidade relativa a estas axudas.

Atentamente.

Deixa un comentario