Concello de Silleda: Axudas programa Silleda Reactiva


Achegamos bases do programa de axudas posto en marcha polo Concello de Silleda, chamado Silleda Reactiva (BOPPO 17 abril de 2020).

https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?id=idd_F5BDDC11-659B-4214-9DC1-DAB3FEF736C3&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20200417.2020018934.pdf

Este Programa de axudas ten por obxecto paliar as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID -19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Silleda, outorgando liquidez ás empresas para contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais, e o mantemento da actividade e o emprego.

Estas axudas serán de 800 euros para autónomos ou empresa que cumpran os requisitos do apartado de beneficiarios recolleitos nas bases, e que como consecuencia da declaración do estado de alarma, víronse obrigados a pechar ou sufrisen unha redución na súa facturación de polo menos o 25%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, e de 300 euros cando se trate de empresas que sufrisen no mes anterior á solicitude da axuda, unha redución da facturación de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada en semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.

Tamén poderán pedir esta axuda de 300 euros as empresa que se atopen nalgún destes casos:

  • Imposibilidade total de teletraballo.
  • Estar pechados os establecementos comerciais ou empresa ás que presta servizo.
  • Non poder acceder aos centros de traballo debido ás limitacións de mobilidade.
  • Peche parcial da actividade.
  • Calquera motivo que non permita levar a cabo a acción profesional e estea directamente relacionado co obxecto desta convocatoria.

Esperamos que esta información resulte do seu interese.

Atentamente.

Deixa un comentario