Deputación de Ourense: Medidas extraordinarias no sector público adoptadas pola crise do COVID-19


exto refundido do Protocolo xeral de medidas de prevención do COVID-19 no sector público provincial ao 13 de abril de 2020,adoptado pola Excma. Deputación de Ourense (BOP ourense 17 abril de 2020).

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=87&fecha=20200417

Convén destacar desta publicación, que queda suspendida, en virtude da declaración do estado de alarma do 14 de marzo de 2020, a tramitación de todos os procedementos administrativos xestionados pola Deputación Provincial de Ourense e as súas entidades adscritas, salvo en caso de procedementos que non teñan natureza competitiva, cuxo estado de tramitación non requira a intervención dos interesados para a súa resolución, e cuxa resolución teña por obxecto a realización de actos administrativos favorables ou que non supoñan prexuízo para os interesados, que deberá continuarse a súa tramitación e resolución.

Tamén deberá continuar a tramitación dos procedementos administrativos cuxa paralización, poida traer consecuencias desfavorables para os interesados.

Os plans e programas de cooperación con Concello e outras entidades locais, continuarán a súa tramitación con carácter xeral, aínda que poderá acordarse por Resolución da Presidencia de forma motivada a non aplicación desta excepción para casos concretos.

Así mesmo, polo que se refire os procedementos tributarios, que quedan suspendidos durante o estado de alarma os seguintes prazos:

  • Os prazos de carácter preclusivo para a realización de trámites ou actuacións por parte dos interesados
  • Os prazos de pago de tributos e prezos públicos.
  • Os prazos dos procedementos de recadación vía executiva.

Esperamos que esta resolución resulte do seu interese.

Atentamente.

Deixa un comentario