Dúbidas frecuentes sobre os comercios que teñen permitida a súa apertura durante o Estado de Alarma


Ante as moitas consultas e preguntas que recibimos no departamento de Asesoría da Federación Galega de Comercio, acerca dos comercios que teñen permitida a apertura durante a vixencia do estado de alarma e en que condicións, publicamos documento con preguntas desta tipoloxía, resoltas polo Ministerio de Industria Comercio e Turismo, por se lles resulta de axuda para resolver ou aclarar calquera dúbida sobre este tema.

Lembrámoslles que a actividade comercial comerciante polo miúdo e as condicións en que pode realizarse, vén regulada no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo (BOE 14 de marzo), modificado polo Decreto 465/2020 do 17 de marzo (BOE 18 de marzo de 2020).

De todos os xeitos quedamos á súa disposición para resolver as dúbidas ou consultas que teñan sobre este tema ou outros relacionados coas medidas adoptadas durante o estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19.

Atentamente.

Deixa un comentario